top of page

O Noia Portus Apostoli FS 2023/2024, con máis equipos que nunca

Ata 16 son os conxuntos que forman o Club nesta temporada, o que supón todo un récord da entidade.

Imaxe do duelo desta pasada fin de semana entre dous dos equipos Alevíns noieses (foto: Manuel Lorenzo)

A recentemente comezada temporada 2023/2024 pasará á historia do Noia Portus Apostoli FS como unha nova mostra de crecemento. Desde o primeiro equipo que compite na Primeira División ata a categoría biberón da nosa Escola Deportiva, son 16 os conxuntos que vertebran o Club, o maior número desde a súa creación.

Unha clara evidencia da forte ambición de evolución sobre a que se continúa traballando no Club, desde as categorías inferiores ata o máis alto. Este curso, ademais de ter ao primeiro equipo competindo por segunda vez seguida na elite do fútbol sala nacional, tamén figuran o Filial en Terceira División, onde comezou con 6 vitorias en 6 partidos, e o Xuvenil en Liga Galega, que acumula 5 triunfos en 6 encontros disputados. Estes últimos son o cénit da nosa Escola Deportiva, que posúe máis licenzas deportivas que nunca.

O sentimento do fútbol sala non fai máis que subir na nosa vila, e esta temporada 2023/2024 só acaba de comezar!

Comments


bottom of page