top of page

PREVIA X3 LIGA PRIME FUTSAL – TORNEO APERTURA | Noia Portus Apostoli FS – Sur Seeds El Ejido Futsal | Buscando o primeiro triunfo

5 hours ago
3 min read
Sábado, 26/09/2026 · 15:05h · Imaxe: Foto Pichero | Os brancos reciben a un rival directo pola permanencia (dom. 27/09, 16:30h. TV: DAZN) coa ambición de estrear o apartado de vitorias.
Sábado, 26/09/2026 · 15:05h · Imaxe: Foto Pichero | Os brancos reciben a un rival directo pola permanencia (dom. 27/09, 16:30h. TV: DAZN) coa ambición de estrear o apartado de vitorias.

Dúas findes seguidas de Mourís por diante para o Noia Portus Apostoli FS. A serie de encontros como local comeza para os de David Palmas recibindo ao Sur Seeds El Ejido Futsal o domingo 27 a partir das 16:30h, en duelo da 3ª xornada do Apertura da Liga Prime Futsal.


Os noieses volveron de baleiro de Jaén e tras dúas xornadas ocupan o 12º lugar con 1 punto. Un empate e unha derrota, por tanto, no seu haber. Co regreso a casa e a relevancia clasificatoria de facelo ante un rival directo, a búsqueda dese primeiro triunfo acentúase dentro do vestiario branco, consciente do valor de enlazar canto antes unha dinámica positiva. Máis se cabe neste esixente arranque de competición, con catro equipos que disputaron o anterior PlayOff como opoñentes nas seis primeiras datas.


Momento para seguir facendo do Agustín Mourís un fortín, como demostraron equipo e afección no debut ligueiro ante ElPozo. A vindeira semana virá o Barça, con toda a expectación que iso supón, pero a mente e os esforzos do cadro noiés están plena e exclusivamente postos en romper o saco de vitorias este mesmo domingo.


Sur Seeds El Ejido Futsal, opositando a revelación


Os seus resultados en pretemporada facían presaxiar que o Sur Seeds El Ejido Futsal non sería presa fácil no seu debut na Liga Prime Futsal, pero o inicio ligueiro está, ata a data, incluso superando expectativas. Os de Guillermo Martínez son un dos seis equipos invictos tras dúas xornadas, grazas a unha contundente vitoria sobre o Córdoba Patrimonio de la Humanidad (4-1) e un empate (2-2) na cancha dun Inter JP Financial FS ao que puxeron contra as cordas. A inercia gañadora do ascenso desde Segunda División FS estalles a servir aos exidenses para plantarse entre os mellores sen complexos e acelerar no obxectivo da salvación, sumándose á lista de posibles revelacións de paso. Nas súas filas manteñen o bloque, con ata dez xogadores da campaña pasada como Josete, Jesús, Cristian Rubio, Pope Mercado, Beto, Dela, Isma Vacas ou os ex noieses Nico Rosa e Rufino, e sumaron pezas con experiencia na categoría como o porteiro Vandeson, Juanico, Geraghty, Arnaldo Báez, Cola e Cristian Povea.



Declaracións previas



Entradas

ABONADOS


GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo na plataforma noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, ou mediante un aviso ao correo electrónico prensa@noiafutbolsala.com ou por WhatsApp al 669 72 95 75, especificando número de abonado e nome.


NON ABONADOS


·XERAL (+16 anos): 20€


·MOZO (-16 anos): 10€


Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).


Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 15:00h.


Emisión en directo

En directo e en exclusiva a través de DAZN (baixo a subscripción ‘Premium’ ou ‘Fútbol’).


Árbitros

Andrés Botella López e Francisco Castillo López, do comité murciano. Balance con ambos de dúas vitorias, un empate e dúas derrotas.


Precedentes (balance oficial: 4V-0E-2D)

·20 de marzo de 2021 | X4 Segunda División FS 2020/2021 – Subgrupo C | EJI 3-4 NPA


·24 de abril de 2021 | X8 Segunda División FS 2020/2021 – Subgrupo C | NPA 5-0 EJI


·8 de maio de 2021 | PlayOff ascenso a Primeira División FS 2020/2021 – Semifinais – Partido 1 | EJI 8-1 NPA


·15 de maio de 2021 | PlayOff ascenso a Primeira División FS 2020/2021 – Semifinais – Partido 2 | NPA 1-2 EJI


·30 de outubro de 2021 | X9 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 6-2 EJI


·5 de marzo de 2022 | X26 Segunda División FS 2021/2022 | EJI 2-2 NPA

Comments


bottom of page