top of page

PREVIA X2 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Noia Portus Apostoli FS – Jaén Paraíso Interior FS | Estréase o Mourís

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 3 days ago
  • 3 min read
Luns, 08/09/2025 · 19:03h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses abren o pano da competición oficial ao seu feudo na intersemanal segunda xornada (mar. 09/09, 20:00h. TV: LALIGA+).
Luns, 08/09/2025 · 19:03h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses abren o pano da competición oficial ao seu feudo na intersemanal segunda xornada (mar. 09/09, 20:00h. TV: LALIGA+).

Segunda parada do sprint inaugural da Primeira División FS. Ao Noia Portus Apostoli FS tráelle a súa estrea como local, no Mourís, ante a súa xente, este martes 9 a partir das 20:00h. Como opoñente terán a un dos ósos máis duros da categoría, o Jaén Paraíso Interior FS, que lle poñerá moi difícil a empresa de lograr o primeiro triunfo.


O que se resistiu o pasado sábado en Manzanares, nun disputado partido que os noieses viron escaparse nos pequenos detalles que marcan diferenzas. Sen apenas tempo para preparar esta segunda data, o Portus Apostoli levou de terras manchegas a lección de corrixir erros atrás e afinar a puntería diante para achegarse aos puntos nunha Liga na que a liña entre sumar ou non é cada vez máis fina.


ree

Apenas dúas sesións para ensaiar antes do encontro | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


O resto, poñerao o Agustín Mourís. Se unha trintena de afeccionados noieses xa se fixeron notar lonxe da Vila, no feudo blanco serán aínda máis sonoros para darlle o sustento e a forza aos seus de cara a empezar a construír un fortín.


Co Jaén volve un noiés


O primeiro visitante da temporada é o Jaén Paraíso Interior FS, cadro ao que os brancos nunca lograron superar. Preto estiveron hai uns meses, nun partido que terminou con empate a un tanto. Os de Dani Rodríguez son un dos equipos máis recoñecibles do campionato pola súa solidez, competitividade e capacidade de aproveitar calquera erro do rival. Iso si, os amarelos tampouco están exentos de calidade. O gol de Mati Rosa, a elegancia de Alan Brandi, o descaro de Dani Zurdo, a seguridade e versatilidade en portería de Espíndola e Dudu, etc. E a todo iso uniron a algo máis que un vello coñecido da parroquia noiesa con Power Raggiati. O ex xogador branco reforzou ao equipo xienense xunto a Rikelme, Pablo Ordóñez, Bynho, Esteban e Mareco. Un plantel capaz de loitar por títulos que acudirá este martes ao Mourís co seu casilleiro tamén por estrear, tras caer na casa ante Viña Albali Valdepeñas (4-5) na xornada inicial.


Declaracións previas


Entradas

Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 18:30h.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+, por web y app, este martes 9 a partir das 20:00h.



Árbitros

Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha, do comité madrileño. Balance de dúas vitorias, catro empates e tres derrotas con esta parella.


Precedentes (balance oficial: 0V-2E-4D)

·12 de novembro de 2022 | X8 Primeira División FS 2022/2023 | JPI 4-3 NPA


·18 de marzo de 2023 | X23 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 3-3 JPI


·4 de novembro de 2023 | X9 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-4 JPI


·16 de marzo de 2024 | X24 Primeira División FS 2023/2024 | JPI 3-2 NPA


·20 de outubro de 2024 | X2 Primeira División FS 2024/2025 | JPI 5-2 NPA


·8 de febreiro de 2025 | X16 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 1-1 JPI

Comments


bottom of page