PREVIA X28 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | O Parrulo Ferrol FS - Noia Portus Apostoli FS | Derbi de altas cotas
- 4 days ago
- 4 min read

Derbi galego de elevadas miras na xornada 28 ligueira. O Noia Portus Apostoli FS, ao igual que os ferroláns, buscará este sábado 2 a partir das 20:30h en A Malata tres puntos sempre máis especiais en duelos desta índole e que, ademais, lles axuden a manterse con opcións de entrar en postos de PlayOff polo título.
Os noieses chegan nun gran momento a este último compromiso dos famosos cinco en quince días. E poderiamos dicir que contra todos os prognósticos. As numerosas baixas e o gran desgaste físico provocado por xogar cada tres días durante dúas semanas cun roster moi reducido facían presaxiar todo o contrario. Pero se algo demostraron os brancos é que ante as adversidades, medran. Con ata 8 ausencias, empatouse en Córdoba; con 7, tras a volta de David Pazos, xestouse un épico triunfo contra Manzanares. E para Ferrol non só se levan as boas sensacións, senon dous regresos máis á convocatoria: Macedo e Douglas.

En total e a falta deste quinto compromiso, son dúas victorias, un empate e unha derrota nesta esixente fase do calendario. Unha xeira que mantén as opcións de soñar co PlayOff polo título. Quedan tres xornadas, dúas para os de David Palmas, que suman 38 puntos (récord do Club, igualando os logrados na 22/23) desde a 10ª praza, a dous do top 8 cun partido máis. Consumalo é complicado e non depende exclusivamente do Portus Apostoli. O que si está da súa man é volver a demostrar a unidade, compromiso e ambición totalmente probados dun grupo que ten fame de máis, sobre todo nunha cita deste calibre. Igual que unha afección que se desprazará en gran número a Ferrol para dar todo o alento do mundo aos seus.
O Parrulo, a gran revelación
A estas alturas de curso, xa se pode afirmar sen ningún tipo de dúbidas que o O Parrulo Ferrol FS foi a gran revelación da Primeira División FS 2025/2026. Un recente ascendido que pelexou ata o final por meterse na Copa de España FS e, aínda que o ten un pouco máis difícil que os noieses (son 11º con 34 puntos na táboa), fará o propio co PlayOff. Unha espectacular campaña que os de Gerard Casas redondearon co título da XXXIV Copa Galicia FS logrado hai un mes en Pontevedra, final da que buscará desquite o Noia. O líder goleador dos parrulos es Diogo Schlemper, con 19 dianas, especialista a balón parado dun plantel compacto e recoñecible no que os focos recaen sobre dous nomes: Novoa desde o á e Santa Cruz en posición de pivote. Eles son as dúas pezas diferenciais e as sensacións dos ferroláns. Tanto que ambos se gañaron o seu debut coa Selección Española e, no caso do primeiro, incluso formando parte do elenco campión da UEFA Futsal EURO o pasado febreiro.
Declaracións previas
O desprazamento
Os noieses arrancarán en bus dirección Ferrol ás 17:20h, con chegada prevista ao Municipal A Malata sobre as 19:00h.
Emisión en directo
O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este sábado 2 a partir das 20:30h.
Árbitros
Juan José Cordero Gallardo e Pedro Antonio Carrillo Arroyo, do comité andaluz. Balance con esta parella dun triunfo, un empate e dúas derrotas.
Precedentes (balance oficial: 11V-5E-10D)
·29 de noviembre de 2008 | J12 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2008/2009 | NPA 4-4 PAR
·25 de abril de 2009 | J29 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2008/2009 | PAR 7-3 NPA
·17 de octubre de 2009 | J5 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2009/2010 | NPA 3-5 PAR
·20 de febrero de 2010 | J20 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2009/2010 | PAR 8-1 NPA
·2 de octubre de 2010 | J3 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2010/2011 | PAR 6-7 NPA
·12 de febrero de 2011 | J18 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2010/2011 | NPA 1-4 PAR
·3 de diciembre de 2011 | J13 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2011/2012 | PAR 5-3 NPA
·21 de abril de 2012 | J28 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2011/2012 | NPA 4-3 PAR
·12 de enero de 2013 | J12 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2012/2013 | PAR 3-2 NPA
·27 de abril de 2013 | J25 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2012/2013 | NPA 5-3 PAR
·24 de septiembre de 2014 | 1/32 de final Copa del Rey FS 2014/2015 | NPA 7-6 PAR (DTE)
·4 de septiembre de 2015 | Final Copa Diputación FS 2015 | NPA 3-1 PAR
·27 de septiembre de 2016 | 1/32 de final Copa del Rey FS 2016/2017 | NPA 3-0 PAR
·27 de diciembre de 2016 | 1/4 de final XXVI Copa Galicia FS 2016/2017 | NPA 5-5 PAR (penaltis 4-3)
·11 de octubre de 2017 | 1/16 de final Copa del Rey FS 2017/2018 | NPA 2-3 PAR
·23 de octubre de 2018 | 1/16 de final Copa del Rey FS 2018/2019 | NPA 2-4 PAR
·6 de mayo de 2019 | Semifinal XXVIII Copa Galicia FS 2018/2019 | PAR 5-1 NPA
·10 de diciembre de 2019 | 1/16 de final Copa del Rey FS 2019/2020 | NPA 2-3 PAR (DTE)
·24 de noviembre de 2020 | 1/16 de final Copa del Rey FS 2020/2021 | NPA 5-1 PAR
·13 de noviembre de 2021 | J11 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 6-0 PAR
·19 de marzo de 2022 | J28 Segunda División FS 2021/2022 | PAR 2-5 NPA
·17 de mayo de 2022 | Final XXX Copa Galicia FS 2021/2022 | PAR 3-3 NPA (penaltis 3-4)
·29 de marzo de 2023 | Semifinal XXXI Copa Galicia FS 2022/2023 | PAR 2-6 NPA
·17 de mayo de 2024 | Final XXXII Copa Galicia FS 2023/2024 | NPA 5-2 PAR
·27 de diciembre de 2025 | J15 Primera División FS 2025/2026 | NPA 8-5 PAR
·1 de abril de 2026 | Final XXXIV Copa Galicia FS 2025/2026 | PAR 3-2 NPA





Comments