top of page

PREVIA X27 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Noia Portus Apostoli FS – Quesos El Hidalgo Manzanares FS | Última parada no Mourís

  • 16 hours ago
  • 3 min read
Luns, 27/04/2026 · 19:17h · Imaxe: Foto Pichero | Xornada intersemanal para os brancos, que, a pesar das baixas que continúan arrastrando, queren seguir ofrecendo o seu máximo en busca da vitoria (mar. 28/04, 20:00h. TV: LALIGA+) no seu último compromiso marcado na casa.
Luns, 27/04/2026 · 19:17h · Imaxe: Foto Pichero | Xornada intersemanal para os brancos, que, a pesar das baixas que continúan arrastrando, queren seguir ofrecendo o seu máximo en busca da vitoria (mar. 28/04, 20:00h. TV: LALIGA+) no seu último compromiso marcado na casa.

O Municipal Agustín Mourís abre as portas por última vez esta temporada na Liga regular de Primeira División FS. Este martes 28 ás 20:00h, o Noia Portus Apostoli FS recibe ao Quesos El Hidalgo Manzanares FS, coa misión de continuar medrando como equipo e dando a súa mellor versión, a pesar das adversidades, e lograr tres puntos que, ademais, lles permitirían seguir soñando co PlayOff.


A visita dos manchegos á Vila supón o cuarto dos cinco partidos en quince días que regalou o final do mes de abril aos noieses. Un moi esixente tramo que se viu acentuado polas numerosas baixas sufridas. A elas se sobrepuxo o pasado sábado en Córdoba, logrando un empate de moito mérito, nun novo exercicio de supervivencia aos que xa se está acostumando o conxunto de David Palmas.


Sesións luns e martes para preparar | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Sesións luns e martes para preparar | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Deixalo todo en cada momento forma parte do ADN deste Portus Apostoli. E se algo lle gusta ao Agustín Mourís é ver como os seus desbordan compromiso, esforzo e sentimento para intentar darlles unha alegría, máis alá do resultado. Este martes, a menos que o complicado soño do PlayOff se acabe cumprindo (os brancos son 10º con 35 puntos, a 4 do top 8 cun partido máis), equipo e afección vivirano por última e especial vez xuntos, no peche como local dunha xa gran 2025/2026 noiesa.


Un Manzanares que está asinando unha temporada histórica


Os de Juanlu Alonso están completando un curso espectacular. Situados 6º con 42 puntos, a apenas dous da terceira praza, os manzanareños lograron instalarse entre os mellores desde inicio de temporada. De feito, o pasado mes de marzo disputaron a Copa de España FS por segunda vez na súa historia. Agora, queren facer o propio co PlayOff polo título, onde cun triunfo máis practicamente asegurarían a súa presenza. A pesar da súa tradicional fortaleza na casa, esta campaña amosáronse aínda máis fiables lonxe do Manzanares Arena. Actualmente son o terceiro mellor visitante da Primeira División FS, o que fala do perigo dun equipo con moitas variantes e pólvora nun reconocible plantel. Os mellores niso, Daniel (19 dianas) e Humberto (18). Como último resultado dos manchegos, a derrota na casa (4-6) fronte ao Industrias Santa Coloma o pasado sábado.



Declaracións previas


Entradas

Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 18:30h.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este martes 28 a partir das 20:00h.


Árbitros

Andrés Botella López e Francisco José Castillo López, do comité murciano. Balance de un gañado, un empatado e dous perdidos con esta parella.


Precedentes (balance oficial: 5V-1E-9D)

·16 de decembro de 2017 | X14 Segunda División FS 2017/2018 | NPA 3-1 QHM


·21 de abril de 2018 | X29 Segunda División FS 2017/2018 | QHM 4-1 NPA


·15 de decembro de 2018 | X14 Segunda División FS 2018/2019 | QHM 4-2 NPA


·27 de abril de 2019 | X29 Segunda División FS 2018/2019 | NPA 8-3 QHM


·12 de outubro de 2019 | X5 Segunda División FS 2019/2020 | QHM 7-3 NPA


·8 de febreiro de 2020 | X20 Segunda División FS 2019/2020 | NPA 3-3 QHM


·6 de marzo de 2021 | X2 Segunda División FS – Grupo C 2020/2021 | QHM 1-0 NPA


·10 de abril de 2021 | X6 Segunda División FS – Grupo C 2020/2021 | NPA 3-2 QHM


·10 de decembro de 2022 | X13 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-1 QHM


·5 de maio de 2023 | X28 Primeira División FS 2022/2023 | QHM 3-2 NPA


·25 de novembro de 2023 | X13 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-6 QHM


·27 de abril de 2024 | X28 Primeira División FS 2023/2024 | QHM 6-5 NPA


·24 de novembro de 2024 | X8 Primeira División FS 2024/2025 | QHM 2-0 NPA


·20 de abril de 2025 | X26 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 4-2 QHM


·6 de setembro de 2025 | X1 Primeira División FS 2025/2026 | QHM 4-3 NPA

Comments


bottom of page