top of page

PREVIA X1 LIGA PRIME FUTSAL – TORNEO APERTURA | Noia Portus Apostoli FS – ElPozo Murcia Costa Cálida FS | Primeira páxina do quinto capítulo entre os mellores

1 hour ago
3 min read
Venres, 11/09/2026 · 16:30h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro noiés recibe ao flamante supercampión (sáb. 12, 20:30h. TV: DAZN) para dar comezo á súa quinta campaña nunha renovada elite do fútbol sala nacional.
Venres, 11/09/2026 · 16:30h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro noiés recibe ao flamante supercampión (sáb. 12, 20:30h. TV: DAZN) para dar comezo á súa quinta campaña nunha renovada elite do fútbol sala nacional.

O agardado momento xa está aquí. O Noia Portus Apostoli FS dará o bandeirazo de saída á súa quinta temporada na elite, a renovada Liga Prime Futsal, este sábado 12 a partir das 20:30h no Municipal Agustín Mourís. Diante, nada máis e nada menos que o recente proclamado supercampión de España, ElPozo Murcia Costa Cálida FS.


Como sempre, o inicio do novo curso vén cargado de emocións e ilusións para equipo e afección, reforzadas polo bo sabor de boca que deixou a campaña 2025/2026 e a positiva pretemporada concluída o pasado venres en Ferrol. Agora, chega o momento da verdade, e os de David Palmas terán que dar un acertado paso á fronte para traballar desde xa en cumprir o obxectivo nunha competición cada ano máis igualada e esixente.


Semana de traballo con motivación especial | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Semana de traballo con motivación especial | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Así foi nas anteriores catro, e así o será nesta quinta. Un lustro de fútbol sala da máxima elite en Noia, como a que recibirá na estrea dun campionato ligueiro 2026/2027 para o que os noieses prometen, unha vez máis, dalo todo para traer a mellor tolemia do mundo ao Mourís e á súa xente.


De primeiro, plato forte


Nove anos despois, ElPozo Murcia Costa Cálida FS volveu a erguer un título o pasado domingo. A conquista da Supercopa de España no Palau, superando ao Illes Balears Palma Futsal (8-4) e na final ao anfitrión Barça (5-4) supón un inmellorable arranque a unha ambiciosa temporada para os murcianos. O seu pasado subcampionato na Liga, para a que se presentan como un dos favoritos, clasificounos á UEFA Futsal Champions League. Para afrontar estas competicións de xigante, o que sempre foi ElPozo, os de Josan González incorporaron a Antonio Navarro, Santa Cruz, Pachu e Drahovsky, todos eles xogadores de probada calidade que sumarán a un plantel xa de por si cargado cos Marcel, Ricardinho, Gadeia, Dener, Ricardo ou o ex noiés Rivera.



Declaracións previas



Entradas

ABONADOS


GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”.


NON ABONADOS


·XERAL (+16 anos): 20€


·MOZO (-16 anos): 10€


Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).


Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 19:00h.


Emisión en directo

·En España, en directo e en exclusiva a través de DAZN (baixo a subscripción ‘Premium’ ou ‘Fútbol’).


·En Brasil, en directo e en exclusiva a través de Canal Gol Brasil.


Árbitros

Daniel Navarro Hernández e Jesús Almeida León, do comité palmense. Primeiro partido que arbitrará Daniel Navarro aos noieses na elite; con Jesús Almeida, unha vitoria nun partido.


Precedentes (balance oficial: 1V-3E-5D)

·30 de novembro de 2021 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2021/2022 | NPA 5-3 ELP


·15 de outubro de 2022 | X4 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-2 ELP


·3 de febreiro de 2023 | X19 Primeira División FS 2022/2023 | ELP 7-2 NPA


·28 de outubro de 2023 | X8 Primeira División FS 2023/2024 | ELP 5-5 NPA


·8 de marzo de 2024 | X23 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 3-5 ELP


·26 de outubro de 2024 | X3 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 3-3 ELP


·28 de marzo de 2025 | X23 Primeira División FS 2024/2025 | ELP 3-1 NPA


·12 de setembro de 2025 | X3 Primeira División FS 2025/2026 | ELP 4-0 NPA


·21 de febreiro de 2026 | X19 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 3-4 ELP

Comments


bottom of page