Tras volver do parón logrando un triunfo categórico, o conxunto noiés visita ao líder, coa lembranza da machada do curso pasado aínda presente.
Dirixirán o encontro os andaluces Antonio Jesús García Robles e Javier Moreno Reina, esta sábado 17 a partir das 16:15h, con emisión en directo por FEF TV e Esport3.

No segundo partido da semana, toca “visita ao dentista”. O Noia Portus Apostoli FS afrontará o reto de intentar repetir a sorpresa no Palau Blaugrana, fogar do Barça, actual líder e campión de Liga, este sábado 17 ás 16:15h, pola xornada 19 da Primeira División FS.
O traballo dos novos conceptos durante todo un mes de parón e a recuperación de efectivos quedaron ben patentes no encontro de regreso ante Osasuna Magna, no que unha actuación de menos a máis lles valeu para un triunfo importante no moral e tamén no clasificatorio, xa que os 4 últimos, incluídos os noieses, lograron gañar. A misión de escapar da zona baixa da táboa será esixente e complicada, e nela non poderá estar, desafortunadamente, Attos. O brasileiro foi operado este mércores dunha rotura do tendón de Aquiles e perderase o que resta de temporada.
Nunha loita tan apretada e igualada, ningún punto sobra, tampouco nun Palau do que o Portus Apostoli non puede gardar mellor recordo. A campaña pasada, na súa primeira visita ao feudo blaugrana, os brancos conseguiron un épico triunfo onde poucos o fan incluso con decenas de intentos. Repetir resultado é o desexo, conscientes da enorme dificultade do reto, aínda coas baixas coas que acudirán os culés. Pito, Dyego, Ferrao e Álex non estarán na ficha de dispoñibles, pero si o recuperado Catela e “O Búfalo” Sergio Lozano na súa agardada reaparición no Palau, como líder do que, malia as ausencias, segue sendo un plantel de enorme nivel ás ordes de Jesús Velasco. 1º con 38 puntos chegan a este choque os barcelonistas, a pesar da derrota do pasado mércores en Valdepeñas por 4-2.
Unha cuestión sobrevoa Noia: por que non repetir? A vitoria no último partido alimentou unha esperanza xa de por si existente, porque hai probas de que facendo as cousas que hai que facer á máxima concentración e intensidade, si se pode derrocar ao monstruo.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa desprazarase a terras catalás en avión o venres pola tarde, con chegada prevista á Cidade Condal ás 21:00h. Na madrugada do domingo realizarán o voo de volta a Noia.
Emisión en directo
O choque emitirase en directo este sábado 17 ás 16:15h pola plataforma de pago FEF TV, en web e app, e na canle autonómica catalá Esport3.
Árbitros
Os andaluces Antonio Jesús García Robles e Javier Moreno Reina. Dúas derrotas en dous partidos dirixidos por Moreno Reina, mentres que será a primeira vez que García Robles arbitra un encontro do Noia Portus Apostoli FS.
Precedentes
·5 de novembro de 2022 | X7 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-4 FCB
·11 de marzo de 2023 | X22 Primeira División 2022/2023 | FCB 3-4 NPA
·30 de setembro de 2023 | X4 Primeira División 2023/2024 | NPA 5-8 FCB
Commenti