O brasileiro foi operado na tarde de onte mércores dunha rotura do tendón de Aquiles polo doctor Adrián Gallego e perderase o que resta de temporada.

O xogador do primeiro equipo Attos sufriu na sesión de adestramento do martes unha rotura do tendón de Aquiles da súa perna dereita. A operación levouse a cabo este pasado mércores 14 pola tarde, a cargo do doctor Adrián Gallego, a quen desde o Club se lle agradecen os seus servizos e pronta dispoñibilidade.
O peche estará de baixa o que resta de temporada 2023/2024. Moita forza, Attos! Todos estamos contigo nestes difíciles momentos!
Comments