top of page

PREVIA X16 PRIMERA DIVISIÓN FS | Jimbee Cartagena Costa Cálida – Noia Portus Apostoli FS | Visita ao Rei na resaca de Reias

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 2 min read
Martes, 06/01/2026 · 18:43h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses empezan o 2026 e a segunda volta (mér. 07/01, 20:30h. TV: LALIGA+) na pista do bicampión ligueiro e recente tricampión de Supercopa.
Martes, 06/01/2026 · 18:43h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses empezan o 2026 e a segunda volta (mér. 07/01, 20:30h. TV: LALIGA+) na pista do bicampión ligueiro e recente tricampión de Supercopa.

O Noia Portus Apostoli FS empeza o 2026 por todo o alto. Os de David Palmas dan o primeiro paso dun ano ilusionante visitando ao actual bicampión ligueiro e flamante gañador da Supercopa de España FS por terceiro curso seguido, o Jimbee Cartagena Costa Cálida, este mércores 7 ás 20:30h.


Foron unhas felices festas de Nadal para os brancos, co triunfo no derbi o pasado día 27 como punto álxido. Ademais, grazas á posición clasificatoria, tamén tranquilas. 21 puntos iluminan o casilleiro noiés desde a 9ª posición, récord do Club nunha primeira volta ligueira na elite. Ou, o que é o mesmo, máis de dous terzos das 30 unidades que se marcan como obxectivo.


Regreso á normalidade tras as festas | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Regreso á normalidade tras as festas | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Non sería un mal regalo de Reis atrasado recortarlle un pouco máis a esa meta na cancha do gran dominador nacional. Por iso loitará un Portus Apostoli pleno de confianza e ilusión non só para este encontro e o do vindeiro sábado -último antes do parón ligueiro que durará ata febreiro-, senon tamén para un 2026 que promete.


O Jimbee Cartagena Costa Cálida, en estado de celebración


Seguramente algo máis cansados de lo habitual por el esfuerzo del fin de semana, pero a ciencia certa compensarano coa alegría da Supercopa de España FS conquistada en Palma, a terceira consecutiva. Sumado á dúas Ligas seguidas que acumula, o Jimbee Cartagena Costa Cálida continúa afianzándose como o referente no panorama español. O equipo de Duda chega a este duelo 4º con 25 puntos na táboa, polo que intentarán aproveitar o gran momento das súas estrelas Mellado, Cortés, Chemi, Motta ou Pablo Ramírez para non perder comba cos postos punteiros e deixar atrás a conxuntos que axexan, como é o caso do noiés, entre outros.



Declaracións previas


O desprazamento

Viaxe en autobús para a expedición noiesa desde o mediodía do día de Reis, con chegada prevista ao hotel de concentración na noite.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este mércores 7 a partir das 20:30h.


Árbitros

Fernando Faubell Zaldívar e José Lázaro Angulo, do comité aragonés. Balance con Faubell Zaldívar de catro gañados e tres perdidos; con Lázaro Angulo, catro triunfos e dúas derrotas.


Precedentes (balance oficial: 1V-2E-4D)

·6 de decembro de 2022 | X12 Primeira División FS 2022/2023 | JCT 2-1 NPA


·29 de abril de 2023 | X27 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-4 JCT


·2 de setembro de 2023 | X1 Primeira División FS 2023/2024 | JCT 5-5 NPA


·23 de decembre de 2023 | X16 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-4 JCT


·20 de novembro de 2024 | X7 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 0-5 JCT


·28 de febreiro de 2025 | X21 Primeira División FS 2024/2025 | JCT 2-2 NPA


·11 de outubro de 2025 | X6 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 4-3 JCT

Comments


bottom of page