O 2026 comeza marcado por un gran parón
- Departamento prensa Noia PA FS
- 5 days ago
- 1 min read

2026 xa está aquí, e faino cargado de aventuras e ilusión para o Noia Portus Apostoli FS. Iso si, o seu comezo no inicial mes de xaneiro será lento, con tan só un par de partidos antes do parón por dous torneos de seleccións, a Futsal EURO e a Copa América.
Os Reis Magos traen á familia noiesa un largo desprazamento á pista do Jimbee Cartagena Costa Cálida, actual bicampión ligueiro e de Supercopa, trofeo este último no que pode facer triplete esta fin de semana. O enfrontamento producirase o mércores 7 de xaneiro ás 20:30h. Tres días despois, primeiro encontro do ano no Agustín Mourís, co ATP Iluminación Ribera Navarra FS visitando aos brancos o sábado 10 a partir das 16:00h.
Así empeza un 2026 que, neste tramo decisivo do curso, entrega moitos e ambiciosos retos no horizonte do Portus Apostoli. Se aínda non estás dentro, ¡estás a tiempo de unirte coa promoción abono metade de temporada 2025/2026!







