PREVIA X15 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Noia Portus Apostoli FS – O Parrulo Ferrol FS | Un derbi de altura por Nadal
- Departamento prensa Noia PA FS

- 1 day ago
- 4 min read

A primeira volta ligueira e o 2025 conclúen por todo o alto. Derbi galego de Nadal con opcións de clasificación á Copa de España FS en xogo tanto para Noia Portus Apostoli FS como o seu rival, O Parrulo Ferrol FS, este sábado 27 a partir das 18:30h no Municipal Agustín Mourís.
O equipo de David Palmas tivo a oportunidade de resetear con varios días de descanso nas últimas dúas semanas, a razón da recente ‘excursión’ por Málaga e Alzira, o parón competitivo da pasada finde e as festas de Nadal. Mente e corpo recuperados para afrontar un último round de ano e primeira volta ao que os noieses chegan 11º con 18 puntos, albergando mínimas posibilidades de meterse na Copa de España FS. As variables pasan por gañar si ou si e agardar que Jaén Paraíso Interior FS perda e acabe con peor diferenza de goles, ao igual que Córdoba Patrimonio, unha estatística na que ros blancos chegan por debaixo (-7, por -6 dos cordobeses e +2 dos xienenses).

Sexa como sexa, o Portus Apostoli só pensa en levar a palma na festa do fútbol sala galego con tres puntazos que servirían para cumprir dous terzos do obxectivo da permanencia con medio curso por disputarse, pechar da mellor maneira un 2025 fantástico e dedicarlle a Leozin unha gran alegría nos seus primeiros días de proceso de recuperación.
O Parrulo Ferrol FS, de todo menos un ascendido
9º con 20 puntos, opcións de Copa de España FS e boa parte da salvación na súa mano. A temporada de O Parrulo Ferrol FS está sendo totalmente fulgurante, ben merecedora do calificativo de ‘equipo revelación’. Os de Gerard Casas non están notando a súa condición de ascendido, facéndose fortes en A Malata e sacando petróleo como visitantes. Os parrulos presentan un estilo de xogo e un plantel continuista con respecto ao que ascendeu no PlayOff hai uns meses. Apuntalado en verán (aterraron os nacionais Jon e Xavi Cols, o croata Vukmir e os brasileiros Jhoy e Penezio), que reúne xogadores recoñecibles na Liga (Iván Rumbo, Orzáez ou Mati Starna) e tamén de proxección (Turbi, Dennis ou Morgato), con dous nomes propios que irrumpiron con potencia: Novoa e Gonzalo Santa Cruz. O primeiro, incluso, fíxose un oco en varias convocatorias da Selección Española.
Declaracións previas
Entradas
ENTRADAS ESGOTADAS, a expensas de posibles liberacións de abonados. Se houbera liberacións, poderíanse mercar entradas en noiafs.compralaentrada.com/eventos e/ou na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 17:00h.
Emisión en directo
O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este sábado 27 a partir das 18:30h.
Árbitros
Juan José Cordero Gallardo e Pedro Carrillo Arroyo do comité andaluz. Balance con ambos dun empate e dúas derrotas.
Precedentes (balance oficial: 10V-5E-9D)
·29 de novembro de 2008 | X12 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2008/2009 | NPA 4-4 PAR
·25 de abril de 2009 | X29 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2008/2009 | PAR 7-3 NPA
·17 de outubro de 2009 | X5 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2009/2010 | NPA 3-5 PAR
·20 de febreiro de 2010 | X20 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2009/2010 | PAR 8-1 NPA
·2 de outubro de 2010 | X3 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2010/2011 | PAR 6-7 NPA
·12 de febreiro de 2011 | X18 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2010/2011 | NPA 1-4 PAR
·3 de decembro de 2011 | X13 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2011/2012 | PAR 5-3 NPA
·21 de abril de 2012 | X28 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2011/2012 | NPA 4-3 PAR
·12 de xaneiro de 2013 | X12 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2012/2013 | PAR 3-2 NPA
·27 de abril de 2013 | X25 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2012/2013 | NPA 5-3 PAR
·24 de setembro de 2014 | 1/32 de final Copa do Rei FS 2014/2015 | NPA 7-6 PAR (DTE)
·4 de setembro de 2015 | Final Copa Deputación FS 2015 | NPA 3-1 PAR
·27 de setembro de 2016 | 1/32 de final Copa do Rei FS 2016/2017 | NPA 3-0 PAR
·27 de decembro de 2016 | 1/4 de final XXVI Copa Galicia FS 2016/2017 | NPA 5-5 PAR (penaltis 4-3)
·11 de outubro de 2017 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2017/2018 | NPA 2-3 PAR
·23 de outubro de 2018 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2018/2019 | NPA 2-4 PAR
·6 de maio de 2019 | Semifinal XXVIII Copa Galicia FS 2018/2019 | PAR 5-1 NPA
·10 de decembro de 2019 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2019/2020 | NPA 2-3 PAR (DTE)
·24 de novembro de 2020 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2020/2021 | NPA 5-1 PAR
·13 de novembro de 2021 | X11 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 6-0 PAR
·19 de marzo de 2022 | X28 Segunda División FS 2021/2022 | PAR 2-5 NPA
·17 de maio de 2022 | Final XXX Copa Galicia FS 2021/2022 | PAR 3-3 NPA (penaltis 3-4)
·29 de marzo de 2023 | Semifinal XXXI Copa Galicia FS 2022/2023 | PAR 2-6 NPA
·17 de maio de 2024 | Final XXXII Copa Galicia FS 2023/2024 | NPA 5-2 PAR











Comments