top of page

Noieses e ferroláns, un ‘clásico galego’ ante o seu enfrontamento de maior prestixio

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 2 min read
Xoves, 25/12/2025 · 20:55h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero | Noia Portus Apostoli FS e O Parrulo Ferrol FS mediranse por 25º partido oficial na súa historia, esta vez, con opcións de clasificación á Copa de España FS para ambos equipos.
Xoves, 25/12/2025 · 20:55h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero | Noia Portus Apostoli FS e O Parrulo Ferrol FS mediranse por 25º partido oficial na súa historia, esta vez, con opcións de clasificación á Copa de España FS para ambos equipos.

Máis que un derbi galego é xa un ‘clásico galego’. Noia Portus Apostoli FS e O Parrulo Ferrol FS enfrontáronse en todas as competicións posibles e en todos os anos desde 2008. Pero o deste sábado 27 será, sen dúbida, o más prestixioso ata o momento, porque será o primeiro na elite nacional e cos dous conxuntos con posibilidades de clasificación á Copa de España FS.


Copa Deputación, Copa Galicia, Copa do Rei, Segunda División “B” FS, Segunda División FS e, este sábado, tamén en Primeira División FS. Desde 2008 e, aínda que a última hora, ata 2025 polo menos un cara a cara por ano. Noieses e ferroláns non fallan á súa cita, que este sábado vivirá o seu 25º episodio. O balance global de precedentes sorrí lixeiramente ao Portus Apostoli con 10 vitorias, por 5 empates (considéranse empate os partidos que van a prórroga e/u quenda de penaltis) e 9 triunfos de O Parrulo Ferrol FS.


O último duelo oficial, en maio de 2024 | Imaxe (de arquivo): Foto Pichero
O último duelo oficial, en maio de 2024 | Imaxe (de arquivo): Foto Pichero

Contas copeiras claras en O Parrulo, complexas para o Portus Apostoli

O destino dictaminou que este 25º enfrontamento particular non só sexa especial por ser o primeiro en Primeira División FS, senon tamén porque tanto uns como outros chegan a el con opcións de sacar billete á Copa de España FS.


Para O Parrulo Ferrol FS, 9º con 20 puntos, a alternativa máis clara pasa por gañar e que Jaén non o faga. Tamén lle valería sumar de tres e que perda Viña Albali Valdepeñas. A partir de aí, nas seguintes combinacións entra en xogo a diferenza de goles con xienenses, vinateiros e incluso o Quesos El Hidalgo Manzanares FS.


Máis complicado o teñen os nosos. As cábalas están aí desde o 11º lugar con 18 puntos, pero pasan por varios condicionantes. Os de David Palmas dependen de gañar si ou si e agardar que Jaén Paraíso Interior FS perda terminando con peor diferenza de goles e Córdoba Patrimonio de la Humanidad (10º con 18 unidades) non gañe ou acabe con peor diferenza de goles. Actualmente, os noieses teñen -7, Córdoba -6, O Parrulo -4 e Jaén +2 nesa estatística que pode resultar decisiva.

Comments


bottom of page