top of page

PREVIA X10 LIGA PRIME FUTSAL – TORNEO APERTURA | Inter JP Financial FS - Noia Portus Apostoli FS | De novo lonxe da casa

16 hours ago
3 min read
Sábado, 28/11/2026 · 12:11h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses viaxan a Torrejón (dom. 29/11, 13:00h. TV: DAZN e Canal Gol Brasil) aínda decimados pero coa ambición de sorprender a un gran rival.
Sábado, 28/11/2026 · 12:11h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses viaxan a Torrejón (dom. 29/11, 13:00h. TV: DAZN e Canal Gol Brasil) aínda decimados pero coa ambición de sorprender a un gran rival.

O Noia Portus Apostoli FS reactiva o chip da Liga Prime Futsal, coa visita este domingo 29 a partir das 13:00h ao Inter JP Financial FS, en partido correspondente á xornada 10 do Torneo Apertura.


O conxunto noiés recobrou o sabor da vitoria o pasado mércores, conseguindo con autoridade o pase á semifinal da Copa Galicia FS. Ademais, David Palmas puido realizar certa dosificación de enerxías, así como reincorporar definitivamente a Leozin, quen disputou o seu primeiro partido desde a grave lesión sufrida en decembro. Aspectos positivos que tratarán de aproveitar para cortar a xeira de catro derrotas consecutivas no apartado ligueiro, onde a táboa coloca aos brancos 13º con 7 puntos antes do comezo da xornada.


Thierry foi un dos xogadores que descansou na Copa Galicia FS | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Thierry foi un dos xogadores que descansou na Copa Galicia FS | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Unha dinámica claramente condicionada polas baixas e lesións, que continúan sen dar respiro. Aínda que o adestrador noiés podería recuperar algún efectivo para o encontro, ante o IES Coruxo FS perdeu a Macedo. Para máis inri, Di Fanti cumprirá un partido de sanción, imposto polo Xuíz Disciplinario Único tras a expulsión contra Viña Albali Valdepeñas e a pesar das alegacións á acta presentadas polo Club. Desta maneira, a portería noiesa estará formada pola parella filialista Cristian e Mosquera. Sexa como sexa, o vestiario noiés xa sabe o camiño: baleirarse ata o final defendendo o escudo en busca da vitoria.


Os interistas queren asomarse á cabeza


Temporada de renovación en canto ao nome para o agora Inter JP Financial FS, pero non de obxectivos. Os de Alberto Riquer, por historia e plantel, son un dos equipos aspirantes aos títulos nacionais. A racha de catro triunfos seguidos que mantiñan os interistas chegou á súa fin o pasado luns en Palma (5-2), situándose 5º con 16 puntos, a catro da segunda praza e con dous sobre o corte do top 6. Para este curso, os torrexoneiros incorporaron ao porteiro Raúl Jiménez, o peche Toni Escribano, os ás Marvin, Jó Mahrez e o retorno de Rivillos, e o pivote Gordillo, lesionado desde setembro. Como líder goleador figura con 8 dianas Cecilio, unha das caras recoñecidas dos verdes xunto aos Jesús Herrero, Raya, Javi Mínguez, Chaguinha ou Pani, sen esquecernos dalguén que será sempre un dos nosos, como é Pirata.



Declaracións previas


O desprazamento

Os noieses poñerán rumbo á capital en tren desde Santiago de Compostela o sábado ás 16:30h, con llegada prevista ao hotel de concentración ás 20:00h.


Emisión en directo

·En España, en directo e en exclusiva a través de DAZN (baixo a subscripción ‘Premium’, ‘Fútbol’ ou ‘DAZN GO’).


·En Brasil, en directo e en exclusiva a través de Canal Gol Brasil.


Árbitros

Carlos Rodrigo Miguel e Fermín Ángel Sánchez-Molina Tapiador, do comité castelán-manchego. Balance con ambos de tres vitorias e tres derrotas.


Precedentes (balance oficial: 1V-3E-4D)

·16 de decembro de 2022 | X14 Primeira División FS 2022/2023 | IJP 4-3 NPA


·13 de maio de 2023 | X29 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-2 IJP


·9 de decembro de 2023 | X15 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 6-3 IJP


·11 de maio de 2024 | X30 Primeira División FS 2023/2024 | IJP 5-0 NPA


·28 de decembro de 2024 | X12 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 3-7 IJP


·24 de maio de 2025 | X30 Primeira División FS 2024/2025 | IJP 3-3 NPA


·15 de novembro de 2025 | X10 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 2-2 IJP


·16 de maio de 2026 | X30 Primeira División FS 2025/2026 | IJP 4-1 NPA

Comments


bottom of page