PREVIA FINAL XXXIV COPA GALICIA FS | O Parrulo Ferrol FS - Noia Portus Apostoli FS | A manter o trono nunha finalísima de Primeira
- 21 hours ago
- 4 min read

Mércores 1 de abril a partir das 20:30h no Municipal dos Deportes de Pontevedra. Día, data e lugar nos que o Noia Portus Apostoli FS buscará pasar aínda máis á historia da Copa Galicia FS, coa opción de erixirse no primeiro equipo en gañala en cinco edicións seguidas. Diante terá a O Parrulo Ferrol FS, nun duelo de Primera inédito nestas instancias desde 2018 que supoñerá un inmellorable inicio á festa do fútbol sala galego.
Sexta aparición seguida na finalísima autonómica para o Portus Apostoli. Unha constante desde a edición da 19/20, que este curso se prolongou despois de eliminar a O Esteo FS (0-6) e, hai apenas dúas semanas, a Grupo FORMA-T Vilalba FS (2-6) nas roldas de cuartos e semifinal. Os de David Palmas volveron a facelo, e agora queren colocarlle a guinda a unha temporada na que o obxectivo ligueiro xa está cumprido, máis aló das ganas de soñar con algo máis.

Marín 2022, Noia 2023, Noia 2024 e Lugo 2025 están na retina e no recordo do afeccionado noiés como datas de festexo e orgullo. As catro coroas presumen no palmarés e as vitrinas como símbolo de dominio, e esta xeira non sacia a fame dun Club e un equipo que pretenden seguir reforzando esa condición. Tan só unha quinta consecutiva, a que agarda dono este mércores en Pontevedra 2026 -onde haberá un alto número de noieses nas bancadas-, podería transformar o denominativo a unha hexemonía sen precedentes na traxectoria da competición.
O Parrulo Ferrol FS, o rival máis repetido e temible
Contando a inminente, de seis finais con selo noiés, en tres o seu rival foi o O Parrulo Ferrol FS. Nas dúas previas, sendos triunfos do Portus Apostoli, a penaltis en Marín e remontando un marcador adverso na segunda con sede no Mourís. En ambas, os ferroláns chegaban como conxunto de Segunda División FS, situación moi mellorada nesta ocasión. Os de Gerard Casas alcanzan a 11ª final na dilatada historia do Club -3 títulos e 7 subcampionatos no seu haber- como revelación da Primeira División FS. O pasado domingo recolectaron os 30 puntos que outorgan a permanencia virtual tras o triunfo fronte a Quesos El Hidalgo Manzanares FS (4-3), poñendo o check á súa meta con gran antelación. Froito logrado por un equipo continuista, moi traballador e traballado, e que conta nas súas filas con dous dos xogadores de moda: Novoa e Gonzalo Santa Cruz. O primeiro, campión de Europa en xaneiro coa Selección Española, na que se estreará o segundo tras ser chamado na última convocatoria.
Declaracións previas
Entradas
Á venda soamente vía online, a través DESTA LIGAZÓN. Tamén dispoñibles para a final da XIX edición feminina, que se disputará o xoves 2 ás 12:00h entre o FSF Castro Bloques Cando e o Poio Pescamar FS.
O desprazamento
Ás 18:00h o autobús noiés salirá desde o Agustín Mourís dirección ao Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
Emisión en directo
O encontro emitirase, en directo e en exclusiva, a través da TVG2 e agalega.gal, en web e app, este mércores 1 de abril a partir das 20:30h.
Árbitros
Borja Darriba Villamor e Rubén Ferrero Carballal.
Precedentes (balance oficial: 11V-5E-9D)
·29 de novembro de 2008 | X12 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2008/2009 | NPA 4-4 PAR
·25 de abril de 2009 | X29 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2008/2009 | PAR 7-3 NPA
·17 de outubro de 2009 | X5 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2009/2010 | NPA 3-5 PAR
·20 de febreiro de 2010 | X20 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2009/2010 | PAR 8-1 NPA
·2 de outubro de 2010 | X3 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2010/2011 | PAR 6-7 NPA
·12 de febreiro de 2011 | X18 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2010/2011 | NPA 1-4 PAR
·3 de decembro de 2011 | X13 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2011/2012 | PAR 5-3 NPA
·21 de abril de 2012 | X28 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2011/2012 | NPA 4-3 PAR
·12 de xaneiro de 2013 | X12 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2012/2013 | PAR 3-2 NPA
·27 de abril de 2013 | X25 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2012/2013 | NPA 5-3 PAR
·24 de setembro de 2014 | 1/32 de final Copa do Rei FS 2014/2015 | NPA 7-6 PAR (DTE)
·4 de setembro de 2015 | Final Copa Diputación FS 2015 | NPA 3-1 PAR
·27 de setembro de 2016 | 1/32 de final Copa do Rei FS 2016/2017 | NPA 3-0 PAR
·27 de decembro de 2016 | 1/4 de final XXVI Copa Galicia FS 2016/2017 | NPA 5-5 PAR (penaltis 4-3)
·11 de outubro de 2017 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2017/2018 | NPA 2-3 PAR
·23 de outubro de 2018 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2018/2019 | NPA 2-4 PAR
·6 de maio de 2019 | Semifinal XXVIII Copa Galicia FS 2018/2019 | PAR 5-1 NPA
·10 de decembro de 2019 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2019/2020 | NPA 2-3 PAR (DTE)
·24 de novembro de 2020 | 1/16 de final Copa do Rei FS 2020/2021 | NPA 5-1 PAR
·13 de novembro de 2021 | X11 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 6-0 PAR
·19 de marzo de 2022 | X28 Segunda División FS 2021/2022 | PAR 2-5 NPA
·17 de maio de 2022 | Final XXX Copa Galicia FS 2021/2022 | PAR 3-3 NPA (penaltis 3-4)
·29 de marzo de 2023 | Semifinal XXXI Copa Galicia FS 2022/2023 | PAR 2-6 NPA
·17 de maio de 2024 | Final XXXII Copa Galicia FS 2023/2024 | NPA 5-2 PAR
·27 de decembro de 2025 | X15 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 8-5 PAR





Comments