top of page

PREVIA 4ª ELIM. COPA DO REI FS | Levante UD FS - Noia Portus Apostoli FS | Tempo de Copa


Luns, 25/11/2024 · 21:00h · Imaxe: Foto Pichero | Sen pasar pola casa, o cadro noiés visita Valencia para enfrontarse ao conxunto granota no debut copeiro este martes 26 ás 20:30h.


Cambio de terzo para o Portus Apostoli. Chega a hora da Copa do Rei FS 2024/2025 para os noieses, que buscarán o pase aos oitavos de final do torneo do KO este martes 26 a partir das 20:30h no Municipal de Paterna ante o Levante UD FS, conxunto da Segunda División FS.


Será o cuarto da serie de cinco partidos en 14 días que finalizará o vindeiro sábado, con apenas unas 54 horas de diferenza entre o remate do duelo en Manzanares e o asubío inicial en Valencia. Un desafío no físico para un plantel que, ademais, aínda se atopa moi lastrado polas baixas, así como no aspecto dos resultados. A cita en terras manchegas tampouco serviu para romper as malas rachas, nin de derrotas nin de seca goleadora, e os brancos afrontarán este duelo copeiro tamén como unha posible vía de escape a esa dinámica negativa.


Iso si, logralo non será tarefa sinxela. A pesar de ser un equipo de inferior categoría, o Levante UD FS conta con xogadores talentosos e experimentados ao máis alto nivel, xunto a pezas máis mozas e desexosas de demostrar. Os de Carlos Márquez alcanzan esta cuarta eliminatoria en boa liña, 4º con 14 puntos na táboa de Segunda, a expensas de disputar dous partidos aprazados pola DANA, e goleando nos seus dous últimos encontros como local.


Neste contexto de calendario apretado de fechas, David Palmas podería aproveitar para dar certo descanso a algúns dos seus xogadores en favor doutros menos habituais, nunha convocatoria na que están os filialistas Iván, Izan e Koeman. Iso si, sen perder o foco de buscar unha vitoria que, con total seguridade, tería dobre efecto.


 

Declaracións previas


O desprazamento

Adestramento matinal na pista da residencia da Federación de Castela-A Mancha en Alcázar de San Juan, antes de poñer rumbo a un novo hotel de concentración en Valencia, onde a expedición noiesa se hospedará ata o encontro.


Emisión en directo

O partido non contará con ningunha emisión en directo.


Árbitros

Fernando Faubell Zaldívar y José Lázaro Angulo, do comité aragonés. Balance con Faubell Zaldívar de dúas vitorias e dúas derrotas; con Lázaro Angulo, tres vitorias e unha derrota.


Precedentes

·24 de setembro de 2022 | X2 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-3 LEV


·21 de xaneiro de 2023 | X17 Primeira División FS 2022/2023 | LEV 2-3 NPA

Comments


bottom of page