top of page

PREVIA AMISTOSO DE PRETEMPORADA | O Parrulo Ferrol FS - Noia Portus Apostoli FS | Simulacro final antes da competición

  • 56 minutes ago
  • 2 min read
Xoves, 03/09/2026 · 16:08h · Imaxe: Foto Pichero | O equipo de David Palmas enfróntase ao seu último test (ven. 04/09, 20:00h) na pista do outro conxunto galego da Liga Prime Futsal.
Xoves, 03/09/2026 · 16:08h · Imaxe: Foto Pichero | O equipo de David Palmas enfróntase ao seu último test (ven. 04/09, 20:00h) na pista do outro conxunto galego da Liga Prime Futsal.

A pretemporada 2026/2027 termina este venres 4 para o Noia Portus Apostoli FS. Os brancos disputarán a súa última proba amistosa a partir das 20:00h no Municipal A Malata de Ferrol fronte ao O Parrulo.


As boas sensacións regresaron ao vestiario noiés tras o partido da pasada semana contra o SC Braga en Sanxenxo. Tanto pola vitoria como polo rendemento do equipo, demostraron que o sucedido na final do IX Trofeo Portus Apostoli non os apartou do camiño correcto.


Buscando a sincronización colectiva | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Buscando a sincronización colectiva | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Agora, a oito días de que comece o serio, os de David Palmas enfróntanse a un definitivo e valioso test contra o outro cadro galego da Liga Prime Futsal que, agardan, sirva de acicate físico e mental de cara a ese choque da xornada 1 do Apertura ante ElPozo Murcia Costa Cálida FS, marcado para o 12 de setembro no Agustín Mourís, e para o que xa están as entradas á venda.


Visitantes na posta de largo ferrolá


Para O Parrulo Ferrol FS tamén se tratará do seu último compromiso amistoso previo á Liga. De feito, o conxunto ferrolán aproveitará para realizar a presentación ante a súa afección como bandeirazo á temporada. Os de Gerard Casas xogaron ata a data un total de cinco amistosos: vitorias sobre Indonesia (5-3 e 3-0) e derrotas con SC Braga (1-5), Illes Balears Palma Futsal (2-3) e REYCO Burela FS (2-4). Ao seu plantel sumáronse o porteiro Palazón, os peches Lucas Farias e Quelle, o á Rikelme e os pivotes Yan Matheus e Brayan. Por outro lado, abandonaron a disciplina este verán Starna, Rumbo, Vukmir, Santa Cruz, Jon, Morgato e Bruno Dias.



Declaracións previas


O desprazamento

O autobús noiés poñerá rumbo a Ferrol a partir das 16:45h.


Venda de entradas

Entrada xeral (maior de 12 anos): 10€

Entrada infantil (menor de 12 anos): gratis


Á venda xa en oparrulofs.compralaentrada.com e o venres en taquilla de A Malata a partir das 19:00h.


Emisión en directo

O partido non será emitido en directo por ningunha plataforma.


Precedentes (últimos cinco partidos oficiais)

·29 de marzo de 2023 | Semifinal XXXI Copa Galicia | PAR 2-6 NPA


·17 de maio de 2023 | Final XXXII Copa Galicia | NPA 5-2 PAR


·27 de decembro de 2025 | X15 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 8-5 PAR


·1 de abril de 2026 | Final XXXIV Copa Galicia FS 2025/2026 | PAR 3-2 NPA


·2 de maio de 2026 | X28 Primeira División FS 2025/2026 | PAR 3-3 NPA

Comments


bottom of page