top of page

Presentación de Varsalona: “Estoume sentindo moi cómodo e acompañado por toda a xente no Club”

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Aug 18
  • 2 min read
Luns, 18/08/2025 · 20:55h | Un novo arxentino no Agustín Mourís, que xa fala como xogador noiés.

Detrás deste curioso apelido atópase un xogador “moi aguerrido, con moita actitude e personalidade, que pode aportar desde a enerxía, a fortaleza defendendo aos pivotes e a chegada desde atrás ao gol”. Varsalona é pura potencia arxentina, que chega para erguer ao Agustín Mourís como xa fixeran e seguen facendo outros compatriotas.


Síntome moi bien e moi cómodo, gustoume moito todo o que puiden coñecer ata agora de Noia e tamén do Club”, expresa o á-peche tras estas primeiras semanas na Vila nas que está sentindo a dureza da pretemporada. “Cada adestramento termino moi cansado”, confesa, ademais da necesidade de “estar comprometido ao 100%, pendente de descansar e comer ben para adestrar ao máximo posible”. Así están el e o resto do equipo, o que lle “sorprendeu” desde o primeiro día, tanto pola “calidade de xogadores como de persoas”.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Chega a Noia tras tres temporadas xogando a liga francesa. “Sentín unha etapa finalizada en Nantes”, onde foi capitán este último curso, algo que “me xerou moita satisfacción” e demostra o seu carácter de líder. Este verán, coa oferta do Portus Apostoli, viu a oportunidade de cumprir o soño de xogar na Primeira División de España, “e xa non o dubidei”. Para dar o paso tamén lle axudou un vello coñecido dos noieses e un amigo de toda a vida do propio Ale. “Teño relación con Power desde os 3 ou 4 anos e falamos moito antes de vir aquí”, nunha primeira man que, a continuación, seguiu Altamirano, “o que me acompañou nos primeiros días” para sentirse como na casa.


O resto do traballo farao a afección dun Agustín Mourís á que Varsalona lle pide “que apoien como o adoitan facer. É unha afección moi próxima aos xogadores, que soubo sufrir. Que confíen, que o equipo está moi unido e ilusionado en facer unha boa temporada”.

Comments


bottom of page