top of page

Presentación de Macedo: “Creo que son un xogador que lle vai a gustar á afección polo meu estilo de xogo”

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Aug 28
  • 1 min read
Xoves, 28/08/2025 · 18:00h | O talentoso internacional portugués quere desenvolver toda a súa maxia nesta temporada cedido no Mourís.

Unha das promesas do fútbol sala portugués, co que xa foi internacional absoluto, e un dos xogadores que mellor representan ese talento de rúa e imprevisibilidade co balón nos pés. Todo iso é Tiago Macedo, quen se define como “un xogador moi vertical, gústame sempre mirar para adiante, o un para un”, algo polo que cre que vai “a gustar á afección polo meu estilo de xogo”.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


O luso, de apenas 21 anos, xogará este curso no Mourís en calidade de cedido polo Sporting CP. Ao igual que o resto dos chegados, expresa que foi “moi ben recibido, síntome moi cómodo aquí e así as cousas saen mellor na pista”. Precisamente iso busca Macedo no seu segundo ano en España, tras un préstamo previo en Córdoba: “quero facer unha temporada mellor que a do ano pasado e axudar ao equipo a cumprir os obxectivos”, afirma.


Para logralo, boa parte do camiño pasa polo traballo nos adestramentos, aos que o á zurdo tilda de “fortes e intensos”, sinalando que “así temos que seguir para que cando empece a Liga estea todo ben”. Iso, xunto a unha afección á que anima a vir “sempre a apoiarnos, que vamos a facer de todo para gañar os partidos”, serán dous ingredientes fundamentais para comezar a construír un curso ilusionante e ambicioso no Noia Portus Apostoli FS.

Comments


bottom of page