Presentación en sociedade da Liga Prime Futsal con presenza noiesa

A máxima categoría do fútbol sala español inicia esta fin de semana unha nova era coa Liga Prime Futsal 2026/2027, e esta mañá levouno á práctica. A RFEF realizou un acto de presentación do novo campionato no salón Luis Aragonés da Cidade do Fútbol de Las Rozas, ao que asistiron o presidente Severino Barreiro e o capitán David Pazos en representación do Noia Portus Apostoli FS.
O evento, conducido polo recoñecido presentador Luis Larrodera e emitido en directo por Teledeporte, reuniu a varios altos cargos da Federación. Entre eles, o seu secretario xeral Álvaro de Miguel e o manager xeral de fútbol sala Mario Hernando. Ademais, tamén asistiu un xogador de cada un dos 16 equipos que compoñen a Liga.
Imaxes: RFEF
Na presentación tiveron cabida tanto as impresións dos grandes protagonistas, os xogadores, como o aspecto didáctico para as explicacións do novo formato ligueiro e o acceso televisivo. E, para pechar, unha sorpresa coa introducción da sintonía da Liga Prime Futsal, creada polo músico Miqui Puig.
Agora, só falta que rode o balón. Para o Noia Portus Apostoli FS iso será este sábado 12 a partir das 20:30h no Municipal Agustín Mourís, recibindo ao flamante supercampión ElPozo Murcia Costa Cálida FS.





Comments