Presentación de Ismael: “Cheguei coas expectativas altas de que había un gran equipo e é o que me atopei”
- Departamento prensa Noia PA FS

- Aug 15
- 2 min read
Cando hai unhas semanas Ismael puxo pé en Noia para empezar a pretemporada, non todo era novo para el. Gran amigo da lenda noiesa Pirata, o pivote andaluz xa coñecera da súa man varios dos segredos da Vila e do Club.
“Pirata é unha persona incrible, vós puidéstelo desfrutar durante moitos anos aquí. Téñoo sempre moi presente”, confesa un Ismael “moi contento” desde a súa chegada a Noia, onde di que tivo un recibimiento “espectacular, a xente estame tratando súper ben”.
Campión de Segunda o curso pasado con Betis e gañador do PlayOff o anterior con CD Burela FS, tiña ganas de establecerse na elite de novo. “Levaba dous anos seguidos ascendendo a Primeira e non tiven a sorte de poder desfrutala. Desde que me chamou Noia non tiven dúbidas”, delata o xogador de 25 anos, que conta con experiencias previas en Primeira coas camisetas de ElPozo e Córdoba Patrimonio de la Humanidad.
Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Sobre a súa adaptación ao Club e ao equipo, o prieguense afirma que “cheguei coas expectativas altas de que había un gran equipo e é o que me atopei. Moi bos xogadores, un equipo súper completo e podemos facer unha gran temporada”.
Ismael defínese como “un xogador de equipo, douno todo na pista polos meus compañeiros, deféndoos a morte. Teño bo golpeo coas dúas pernas e intentarei axudar o máximo posible con goles, que é o que se pide na miña posición, e traballo”. Todo iso será parte fundamental para non pasar os apuros de hai uns meses. “Temos un obxectivo claro: salvarnos o antes posible. Oxalá poidamos soñar con cotas máis altas, pero a permanencia é o que temos gravado a lume”, sentencia.























Comments