“De Gui Lima poden agardar moita garra e determinación”
- Departamento prensa Noia PA FS

- Jan 21
- 1 min read
Gui Lima xa é un máis no vestiario do Noia Portus Apostoli FS. O brasileiro admitiu ser “moi ben recibido pola directiva e polos xogadores”, no que para el, ao igual que todos os compatriotas que chegan á Liga Española, “é un soño”.
As boas referenzas do Club xa lle chegaran ao peche desde o seu Campo Mourão natal. Alí compartía equipo cun ilustre ex noiés, Edu Jabá. O outrora 10 do Noia só lle dixo “moitas cousas boas sobre o Club, que hai moitas boas persoas”, ao igual que os que agora son os seus compañeiros, Peixe e Thierry.
Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Gui ten clara a súa meta: “agardo alcanzar os obxectivos do Club. Estamos nunha Liga grande, creo que a xente ten potencial para cumplilos e todos aspiramos a iso”. Pola súa parte, aportando “moita garra, determinación, vontade non vai a faltar independentemente da situación”, o que detecta como o seu “punto forte”.
Así, o xogador de 24 anos amósase “moi feliz de poder xogar no Agustín Mourís, feliz por representar esta camiseta de gran nivel” e “un equipo sensacional, con persoas moi acolledoras” con “moitos obxectivos por alcanzar aínda” polos que loitará a partir de xa.























Comments