Sábado, 17/08/2024 · 20:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Sábado de presentación e primeiros tests físicos de pretemporada para os noieses.
O vindeiro luns 19 comezarán os adestramentos, pero a maquinaria do Noia Portus Apostoli FS 2024/2025 xa está en rodaxe. O novo primeiro plantel branco viviu na matinal deste sábado unha sesión de presentación interna, seguida polas comprobacións das valoracións funcionais de cada un dos xogadores.
Severino Barreiro e Javier Barreiro, presidente e director xeral do Club respectivamente, abriron a xornada coa benvida oficial a todos os futbolistas, en especial aos incorporados este verán, a excepción de Power Raggiati e Altamirano, ausentes ao atoparse concentrados con Arxentina na preparación do Mundial de Uzbekistán 2024.
A continuación, o traumatólogo Adrián Gallego, o preparador físico Juan Carlos Argibay e o fisioterapeuta Darío Moure conduciron os primeiros test físicos que terán que realizar os xogadores noieses nesta pretemporada, centrados na medición dos valores funcionais destes.
Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Un cambio no calendario de partidos de pretemporada
Como se anunciou o pasado xullo, 7 amistosos de pretemporada xogará o Portus Apostoli entre o 31 de agosto e o 5 de outubro, co debut na Primeira División FS 24/25 fixado para o 12 ou 13 de outubro. De todos eles, un mudou de data con respecto ao primeiramente indicado, quedando o calendario da seguinte maneira, a expensas de posibles novas alteracións:
·O Parrulo Ferrol FS vs Noia Portus Apostoli FS | Sábado 31 de agosto | Ferrol
·Noia Portus Apostoli FS vs Pescados Rubén Burela FS | Sábado 7 de setembro | Bertamiráns
·ADCR Caxinas Poça Barca vs Noia Portus Apostoli FS | Sábado 14 de setembro | Vila do Conde (Portugal)
·Pescados Rubén Burela FS vs Noia Portus Apostoli FS | Xoves 19 de setembro | Burela
·VII Trofeo Portus Apostoli (formato triangular) | Do venres 27 ao domingo 29 de setembro | Rivais pendientes de anunciar | Noia
·SC Braga vs Noia Portus Apostoli FS | Sábado 5 de outubro | Braga
コメント