top of page

Guilherme xa fala como noiés: “Teño moitas ganas de axudar aos meus compañeiros a facer unha boa segunda volta”


Martes, 04/02/2025 · 18:20h | O pivote brasileiro xa está baixo as ordes de David Palmas.


Guilherme xa está en Noia. A última incorporación invernal do Portus Apostoli completou este luns a súa primeira sesión de adestramento cos seus novos compañeiros, encarada ao partido deste sábado 8 ás 13:00h ante Jaén Paraíso Interior FS no Mourís, que dará inicio a unha etapa como noiés que o pivote afronta con “moitas ganas de axudar aos meus compañeiros a facer unha boa segunda volta”.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Guilherme levará o dorsal 97.


O de Río de Xaneiro defínese como un xogador “valente, con moita forza, de equipo” e, agarda, “volver a facer os goles que sempre fixen”. Na súa segunda temporada e terceiro conxunto en España, Guilherme cre que a adaptación non será algo costoso, máis aló de acoplarse ao “clima e á Vila”, sobre todo porque “ao haber brasileiros no vestiario sempre é máis fácil”.


Feitas as presentacións, Guilherme ten claro que quere “chegar ao meu máximo nivel xunto ao equipo para que poidamos facer unha remontada nesta segunda volta”, tarefa na que se precisará a unha afección noiesa á que o pivote anima a seguir sendo o noso sexto xogador para “apoiarnos na pista” de cara a cumprir os obxectivos.

Comments


bottom of page