top of page

Todo preparado para a final da XXXIV Copa Galicia FS

  • 15 minutes ago
  • 2 min read
Mércores, 25/03/2026 · 16:50h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O presidente Severino Barreiro e o capitán David Pazos acudiron este mércores á presentación da gran final, realizada na Ponte do Burgo pontevedresa.
Mércores, 25/03/2026 · 16:50h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O presidente Severino Barreiro e o capitán David Pazos acudiron este mércores á presentación da gran final, realizada na Ponte do Burgo pontevedresa.

A Ponte do Burgo, a escasos metros do Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, acolleu na mañá deste mércores a presentación das finales da Copa Galicia FS. A ela acudiron Severino Barreiro, presidente, e David Pazos, capitán, en representación dun Portus Apostoli que estará, na XXXIV edición, por sexto curso seguido na final masculina, enfrontándose a O Parrulo Ferrol FS.


O mandatario noiés asegurou, nun acto ao que asistiron numerosas personalidades municipais, federativas, organizativas e de equipos participantes en ambos partidos, que “é un orgullo para nós competir un ano máis na final da Copa Galicia FS, cos dous equipos da Primeira División FS que o estamos facendo realmente ben”. Barreiro pronosticou que a deste mércores 1 de abril ás 20:30h será unha final “moi bonita, disputada, con moi bos xogadores”.


Primeira toma de contacto | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Entre eles está David Pazos, que aspira a conquistar en Pontevedra o quinto título consecutivo do Noia -algo que nadie conseguiu nunca na competición- e o seu sétimo persoal. “O fútbol sala galego volve a amosar a súa boa saúde”, afirmaba Pazos, froito dun “traballo boísimo que se está a facer os últimos anos”. O capitán branco definiu ao seu rival como un equipo que “está facendo moi ben as cousas, traballado e coa identidade clara”, desexando, aparte de que a honra de rei de Galicia se manteña en Noia, que “o partido sexa un espectáculo”.


Reserva a túa entrada ou mércaa xa

Xa podes mercar a túa entrada tanto para a final masculina -mércores 1 de abril, 20:30h- como para a final feminina -FSF Castro Bloques Cando vs Poio Pescamar FS, xoves 2 de abril ás 12:00h- NESTA ligazón.


PREZOS


·Adulto: 10€

·Neno/a (menores de 16 anos): gratis

·Abono final masculina e feminina adulto: 15€

·Abono final masculina e feminina neno/a: gratis


Se o prefires, tamén podes reservar xa a túa entrada no seguinte formulario. Unha vez enchido, as entradas poderanse recoller e abonar no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) a partir do venres 27, en horario de 19:00h a 20:00h.


Comments


bottom of page