Ata o 31 de xullo, nenos/as nados entre 2006 e 2020.
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS xa se prepara para a nova temporada 2024/2025! O Club abre o período de preinscrición para todos aqueles rapaces/as nados entre 2006 e 2020 que queiran formar parte dos distintos equipos, de Biberón ata Xuvenil, da nosa Base.
Onde podo realizar a preinscrición?
A preinscrición poderase realizar tanto no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7) como no formulario online destacado anteriormente, con data límite o mércores 31 de xullo. No caso de levarse a cabo no Local Social, solicítase presentar DNI do neno/a e do pai/nai/titor a cargo.
Procedemento de pago da cota
Como novidade para esta temporada, o Club adopta a opción do fraccionamento do pago da cota de inscrición para axudar a todas aquelas familias que non poidan asumilo de maneira inmediata. A preinscrición terá un custo de 30€, a abonar no Local Social ou por transferencia bancaria. O segundo pago realizarase en setembro e constará doutros 30€ (se non se fixo a preinscrición, o pago será de 60€), ao que se engadirán 6 mensualidades (outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo) de 22,5€ cada unha, que completarán a cota total de 195€ (en caso de inscrición dun segundo irmán, a cota será de 144€).
Da mesma forma, o Club tamén pon a disposición a opción de realizar o pago da cota ao contado a principio de temporada a todas aquelas familias que o desexen.
Pack de roupa
O prezo do pack de roupa obrigatorio será de desde 95€ para os rapaces/as pertencentes á Escola Deportiva a temporada pasada e de desde 160€ para os novos inscritos.
Contacto
Para máis información, o Club habilita as vías de contacto de e-mail a escuela@noiafutbolsala.com e do número de teléfono 676 78 18 68, soamente por WhatsApp.
Comments