Power Raggiati cumpre 150 partidos como noiés
- Departamento prensa Noia PA FS
- May 12
- 1 min read

Luns, 12/05/2025 · 13:10h · Imaxe: Álex Lorenzo | O presidente Severino Barreiro entregoulle unha camiseta conmemorativa o sábado antes do duelo contra Wanapix.
Nos instantes previos ao choque ante o Wanapix AD Sala 10 Zaragoza, o Municipal Agustín Mourís tivo a oportunidade de render homenaxe a Power Raggiati. Coa súa entrada seis días antes na pista do Palau ante o Barça, o arxentino alcanzou a significativa cifra de 150 partidos xogados co conxunto noiés, sendo o segundo xogador que máis disputouo do plantel actual.
O peche de 24 anos recibiu de parte de Severino Barreiro, presidente do Club, unha camiseta conmemorativa co seu nome e o número 150 en representación do díxito logrado. Á vez, desde as bancadas do fortín noiés, Power recollía tamén todo o cariño dos seus afeccionados en forma de aplausos e vítores.

Imagen: Álex Lorenzo
Comentários