PARTE MÉDICO | Peixe recibe a alta
9 hours ago
1 min read

O xogador Peixe recibiu a alta médica por parte do doutor Adrián Gallego, finalizando así un período de case seis meses de baixa por unha afectación no menisco interno do xeonllo esquerdo sufrida o pasado abril.
Tras varias semanas de sesións individuais co fisio Sergio Fandiño, o porteiro reincorporouse nos últimos días á dinámica de grupo e hoxe regresa a unha convocatoria, ao formar parte da lista de David Palmas para o encontro desta noite fronte ao Jimbee Cartagena Costa Cálida.






Comments