Rubi, operado con éxito polo doutor Adrián Gallego
- 6 hours ago
- 1 min read

O xogador do primeiro equipo Rubi foi sometido onte venres a unha intervención quirúrxica da súa afectación no menisco externo do xeonllo dereito. A operación, realizada con éxito, estivo liderada polo doutor Adrián Gallego, xefe de servizos médicos do Club.
Comeza agora para o santiagués o proceso de recuperación, que lle fará perderse o que resta de temporada 2025/2026, e no que contará con todo o apoio e ánimo do Club e a familia noiesa.





Comments