O Noia está de moda
- 2 hours ago
- 3 min read

O Primeiro Equipo ten virtualmente asegurada unha quinta campaña consecutiva en Primeira División FS, onde acaba de abordar postos de PlayOff polo título tras a súa última vitoria. O Filial, no seu segundo curso en Segunda División “B” FS, aseguraou a súa permanencia con cinco xornadas de antelación e ten serias opcións de disputar a promoción de ascenso á categoría de prata. E o Xuvenil DH, líder no Grupo 1 do que foi campión o ano pasado, xoga esta fin de semana por segunda edición seguida a Copa de España Xuvenil FS.
É innegable, o Noia Portus Apostoli FS está no seu mellor momento deportivo. Así o deixou ver o adestrador do Primeiro Equipo, David Palmas, o pasado sábado na rolda de prensa post partido do encontro ante Osasuna Magna: “O Filial vén facendo unha temporada incrible, igual que o Xuvenil DH”, desexándolle a este último “toda a sorte” na Copa que empeza este venres, e apuntando que “creo que van a facer un moi bo papel e confiamos moito neles”.

O técnico continuou afondando sobre que “temos que valorar todo o que está ocorrendo esta temporada e as anteriores, o Club está avanzando e medrando a nivel deportivo”. Fiel reflexo, tal e como afirma Palmas, é que, aparte do Noia, “non hai un equipo en Primeira División FS que teña un Filial entre os catro primeiros na Segunda División “B” FS e un Xuvenil DH que vaia a xogar a Copa de España Xuvenil FS”.
Xigantes da talla do Barça, ElPozo e Movistar Inter non están na Copa Xuvenil; tampouco o tricampión europeo Illes Balears Palma Futsal; e o bicampión ligueiro e trisupercampión Jimbee si, pero o seu filial xoga en Terceira. Non é cuestión de compararse nin de poñerse á altura dos grandes da elite do noso fútbol sala, senon de darlle perspectiva ao “bo traballo”, como afirma David Palmas, do Club nesta área.
Todo iso co obxectivo de nutrir máis pronto que tarde ao Primeiro Equipo de mozos da Escola. “Salirán rapaces, estou seguro, teñen potencial, e pouco a pouco asomarán a cabeza”, expresaba o adestrador, que en dúas temporadas e media fixo debutar en partido oficial a oito xogadores de Filial e Xuvenil DH, coa opción de converterse en nove esta mesma noite. Entre todos eles, Koeman é o espello no que mirarse. O á zurdo de 18 anos, internacional Sub-19 con España, deu este sábado a súa primeira asistencia na elite. En total, suma xa 18 partidos co Primeiro Equipo, e ten na súa conta dous goles en Copa do Rei FS.

O presente do Noia Portus Apostoli FS, máis aló de como acabe a temporada a nivel de resultados, pinta moi ben. Pero, algo que quizais sexa incluso máis importante, é que o futuro pega cada día con máis forza sobre a porta, facendo un eco que xa se escoita considerablemente a nivel nacional.





Comments