top of page

“Estou contento e orgulloso de estar aquí”

  • 1 day ago
  • 2 min read
Sábado, 11/07/2026 · 12:16h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Escoitamos en profundidade de Mykytiuk, primeiro reforzo do Portus Apostoli de cara ao curso 2026/2027.

O plantel da temporada 2026/2027 do Noia Portus Apostoli FS segue collendo forma. A rampla de entradas estreouse este pasado venres, coa chegada de Mykola Mykytiuk.


O peche ucraíno amósase “moi contento de estar aquí. Chego con moita ilusión e moitas ganas de axudar ao equipo e seguir aprendendo como xogador e dalo todo”. A súa incorporación ao Club noiés fraguouse, en primeiro lugar, desde a súa intención de “seguir competindo na mellor Liga do mundo”. A partir de aí, xurdiu a oportunidade de “defender as cores do Noia, estou contento e orgulloso de estar aquí e con moitas ganas de empezar”.


Mykytiuk defínese como “un peche, normalmente a miña prioridade é defender, pero vou a intentar axudar tamén no ataque”, a través da súa habilidade para a incorporación ofensiva e a súa gran pegada exterior. O xogador, de 29 anos, desexa que, a partir de todo iso, “esta temporada sexa a mellor da miña carreira”.


Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Aparte do lado deportivo, está o persoal, no que tanto Mykytiuk como a súa familia, xa instalados na Vila desde hai uns días, tamén están contentos. “Xa conocemos Noia e gústanos moito. A xente é moi amable e para min é especial representar a este equipo en Primeira”, afirma.


Ademais, tamén tivo tempo para falar co míster, David Palmas, e algúns dos seus novos xogadores. Sobre eses contactos, explica que “todos están contentos de estar aquí, e eu tamén”.


En menos dun mes comezará a pretemporada e, en dous, unha nova e renovada Liga. “Estou preparado para todos os cambios que haxa esta temporada que vén”, di sobre o remodelado formato ligueiro o ucraíno, que pon énfase en que “como xogador, o obxectivo é axudar ao equipo e estou concentrado en traballar”.

Comments


bottom of page