Monteros xogará cedido no 17 de Agosto Futsal
- 3 minutes ago
- 1 min read

Monteros xogará en calidade de cedido nas filas do 17 de Agosto Futsal ata decembro de 2026, despois do acordo alcanzado entre o noso Club e o arxentino.
O á-peche, internacional coa absoluta Albiceleste, chegou a Noia procedente do SC Corinthians brasileiro o pasado mes de xaneiro, asinando ata xuño de 2028 como un xogador de proxección, futuro e con marxe de crecemento aos seus 19 anos. Desde entón, disputou 7 partidos e anotou 1 gol durante a metade final de curso.
Moita sorte neste novo reto e vémonos pronto, Iván!




Comments