Manzanares, terra hostil
- Departamento prensa Noia PA FS

- Sep 3
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS arrancará a Primeira División FS 2025/2026 este sábado 6 de setembro ás 16:00h. O escenario, Manzanares. Ou, o que é o mesmo, un lugar que durante os anos só lle deu as costas no marcador. Xa fora antes no Municipal Antonio Caba ou agora no Manzanares Arena, non é que os noieses nunca gañaran na cidade manchega, senon que só coñecen a derrota.
A desafortunada estatística comezou o 21 de abril de 2018, en Segunda, cun resultado de 4-1, e o seu último episodio ata a data deuse o 24 de novembro de 2024, cando los manzanareños prevaleceron por 2-0 na xornada 8 do pasado curso ligueiro. En total, sete enfrontamentos e sete vitorias para o Quesos El Hidalgo Manzanares FS, a pesar do empeño noiés en cada un dos duelos por levar o gato á auga. Curiosamente, no Agustín Mourís o balance sorrí de maneira destacada aos brancos, con cinco triunfos, un empate e unha derrota.

Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O 1-0 en 2021, a vez que máis preto estivo de romperse.
Por tanto, este sábado o Portus Apostoli non só loitará por empezar a nova temporada con bo pé e uns importantes tres puntos. Senon que tamén o fará por romper coas estatísticas e mudar a historia. Algo que os noieses xa fixeron en Primeira División FS máis dunha vez, coa ambición de seguir facéndoo na súa cuarta incursión na categoría.
Os precedentes en Manzanares
·21 de abril de 2018 | X29 Segunda División FS 2017/2018 | QHM 4-1 NPA
·15 de decembro de 2018 | X14 Segunda División FS 2018/2019 | QHM 4-2 NPA
·12 de outubro de 2019 | X5 Segunda División FS 2019/2020 | QHM 7-3 NPA
·6 de marzo de 2021 | X2 Segunda División FS – Grupo C 2020/2021 | QHM 1-0 NPA
·5 de maio de 2023 | X28 Primeira División FS 2022/2023 | QHM 3-2 NPA
·27 de abril de 2024 | X28 Primeira División FS 2023/2024 | QHM 6-5 NPA
·24 de novembro de 2024 | X8 Primeira División FS 2024/2025 | QHM 2-0 NPA











Comments