“Agora, a traballar para intentar gañarme os máximos minutos posibles”
- 3 hours ago
- 1 min read
O futuro é agora. Koeman renova ata 2029 e, ademias, dá o salto ao Primeiro Equipo. O santiagués amósase “moi contento pola confianza que depositaron sempre en min, sobre todo o corpo técnico e a directiva, sentinme moi valorado. Tamén coa afección, cando entro sempre me apoian muchísimo”, expresa.
A súa progresión nas últimas dúas temporadas foi meteórica. “Non o agardas”, subliña o xogador de 18 anos, “estás un día xogando co Xuvenil e de repente veste con xente que é unha loucura, que son boísimos”. Unha vez aí, sinala como aspectos claves o “intentar adaptarse, aprender moito, escoitar e dar o máximo de ti para poder estar á altura”.
Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
De cara á 2026/2027 ábrese un novo escenario. “Agora, a traballar para intentar gañarme os máximos minutos posibles, seguir coa confianza alta, sei que vou a estar moi apoiado e todos van a confiar en min”, confesa o á zurdo.
Aínda que, antes de todo iso, queda un último reto co Xuvenil DH, que a vindeira fin de semana afrontará a fase final do Campionato de España Sub-19 de Clubes. “Chegamos moi ben, xogamos un auténtico partidazo contra ElPozo. Agora tócanos Jimbee, pero calquera sería un rival moi complicado. Se defendemos ben, co potencial e a calidade que temos arriba, estaremos máis preto da vitoria”, sentenza Koeman.
















Comments