top of page

O IX Trofeo Portus Apostoli supera as 400.000 visualizacións nas súas retransmisións

  • 7 hours ago
  • 1 min read
Mércores, 26/08/2026 · 20:45h · Imaxe (de arquivo): Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O torneo celebrado no Municipal Agustín Mourís espertou máis expectación que nunca.
Mércores, 26/08/2026 · 20:45h · Imaxe (de arquivo): Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O torneo celebrado no Municipal Agustín Mourís espertou máis expectación que nunca.

O IX Trofeo Portus Apostoli presentábase como un evento propicio para que moitos ollos estiveran postos sobre o Municipal Agustín Mourís, e así o confirmaron os datos. O torneo amistoso disputado a pasada fin de semana reuniu máis de 400.000 visualizacións, sumando as emisións en directo e os resumos en YouTube.


Os partidos estiveron dispoñibles para a súa retransmisión na canle Sport77 Official en Indonesia e mediante IB3 nas Illas Baleares. A participación da selección asiática espertou unha enorme atención dos seus afeccionados, quen a pesar de ter que conectar de madrugada, non fallaron ás citas co seu equipo. Como proba, as 251.000 visualizacións que acumula entre o directo e o diferido o seu choque fronte a O Parrulo Ferrol FS, o de mellor horario para o territorio indonesio.


Impacto en redes

A todo iso hai que engadirlle tamén a relevancia nas redes sociais. A conta de Instagram do Noia Portus Apostoli FS acumulou entre todas as súas publicacións dos últimos días referentes ao torneo máis de 850.000 reproduccións, o que proporcionou tamén un gran aumento no número de seguidores.

Comments


bottom of page