top of page

FACENDO ILUSIÓN! | Inscrición Escola Deportiva – Temporada 23-24

As categorías inferiores botan a andar coa apertura do prazo de inscrición, desde este luns 28 de agosto, para nenos/as nados entre 2005 e 2019.
Toda a información, aquí, no apartado “base” da nosa páxina web, no e-mail escuela@noiafutbolsala.com e no número 625 08 95 05 (soamente a través de WhatsApp).


Xa está aquí unha nova temporada para a Escola Deportiva! Desde este luns 28 de agosto, todos os nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2019 que queiran formar parte do Noia Portus Apostoli FS xa poden facelo, coa apertura do prazo de inscrición!

Despois do paso adiante realizado o curso pasado, cos ascensos do Xuvenil a Liga Galega e do Cadete a División de Honra, o club quere continuar avanzando na súa Base na que tamén será a segunda temporada do primeiro equipo na Primeira División do fútbol sala nacional.

Nas próximas semanas iranse dando a coñecer todo tipo de información referente aos horarios de adestramento e outros detalles de cada equipo da nosa Escola Deportiva. De precisar algún tipo de información que non atopes no apartado da nosa web adicado á Escola, contacta co correo electrónico escuela@noiafutbolsala.com ou co teléfono 625 08 85 05, SOAMENTE POR WHATSAPP.

Como me inscribo?

A inscrición poderase realizar, desde este luns 28 de agosto, das seguintes maneiras:

-PRESENCIAL: no local social do club (Rúa Carcasía, 7). Deberán traer unha foto tamaño carnet e unha copia do DNI do neno/a. Tamén vale cunha foto no móbil de ambas cousas.

-ONLINE: a través da plataforma noiafs.compralaentrada.com/cantera/. Aínda que xa estivera na Escola Deportiva o curso pasado, no momento da inscrición deberá pulsar en NOVA ALTA. No apartado “observacións”, especificar se o neno/a ten algunha alerxia.


Cota de inscrición e como realizar o pago

-A cota será de 160€ anual para todas as categorías.

-A cota para o segundo irmán será de 100€. O procedemento online non dá a opción do desconto por segundo irmán, polo que dita rebaixa (que non inclúe os gastos de xestión) aplicarase no momento do pago do pack de roupa.

-O prezo do pack de roupa obrigatorio será de desde 85€ para os rapaces/as que a pasada temporada pertenceron á Escola Deportiva e de desde 150€ para as novas incorporacións. Máis info no local social.

-O pago será único, salvo solicitude de aprazamento.


Idades e categorías

Biberón: 2018-2019

Prebenxamín: 2016-2017

Benxamín: 2014-2015

Alevín: 2012-2013

Infantil: 2010-2011

Cadete: 2008-2009

Xuvenil: 2005-2006-2007

bottom of page