Horarios das xornadas 4, 5, 6 e 7 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal
- 3 minutes ago
- 1 min read

A RFEF deu a coñecer os horarios para as xornadas 4, 5, 6 e 7 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal. Un mes de competición no que o Noia Portus Apostoli FS xogará dous partidos como local e outros dous como visitante, ningún deles en sábado.
Os noieses abrirán outubro por todo o alto: recibindo o domingo 4 ás 12:30h ao Barça no Municipal Agustín Mourís. A continuación, viaxe a Cartaxena para enfrontarse ao Jimbee o venres 9 ás 21:30h. Tras unha fin de semana de descanso, o Portus Apostoli xogará na casa contra o Servigroup Peñíscola FS o domingo 25 ás 16:00h. E o terceiro domingo de partido será o do día 1 de novembro, cando os brancos visitarán ao Magna Xota FS a partir das 13:00h.
O Club anunciará no seu momento o lanzamento da venda de entradas tanto no Local Social (rúa Carcasía, 7. Noia) como na plataforma online noiafs.compralaentrada.com/eventos para os dous encontros que se disputarán en Noia.
Todos os partidos do Noia Portus Apostoli FS na Liga Prime Futsal poderanse ver a través de DAZN, tanto na modalidade de subscripción ‘Premium’ como na ‘Fútbol’.






Comments