top of page

Horarios das xornadas 1, 2 e 3 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal

Aug 18
1 min read
Martes, 18/08/2026 · 20:07h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Portus Apostoli comezará a Liga o sábado 12 de setembro ás 20:30h.
Martes, 18/08/2026 · 20:07h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Portus Apostoli comezará a Liga o sábado 12 de setembro ás 20:30h.

Queda menos dun mes para que volva a competición! Unha espera da que o Portus Apostoli xa coñece data e hora exactas para a súa finalización, así como das tres primeiras xornadas do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal.


Os brancos abrirán o campionato no Municipal Agustín Mourís, recibindo ao subcampión ligueiro ElPozo Murcia Costa Cálida FS o sábado 12 de setembro ás 20:30h. A seguinte fin de semana, toca desprazamento ao Olivo Arena de Jaén para visitar aos amarelos o domingo 20 ás 13:00h. De novo en domingo, o día 27, o conxunto de David Palmas enfrontarase na casa a un dos ascendidos, o CD SurSeeds El Ejido Futsal, a partir das 16:30h.


O Club anunciará no seu momento o lanzamento da venda de entradas tanto no Local Social (rúa Carcasía, 7. Noia) como na plataforma online noiafs.compralaentrada.com/eventos para os dous encontros que se xogarán en Noia.


Nas vindeiras datas desvelarase tamén o medio televisivo polo cal se poderán seguir os partidos da Liga Prime Futsal durante a temporada 2026/2027, incluídos estes tres.



Comments


bottom of page