top of page

A visita do Barça, o martes 22 de decembro ás 20:45h

51 minutes ago
1 min read
Venres, 09/10/2026 · 18:33h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | As entradas xa adquiridas seguirán sendo válidas.
Venres, 09/10/2026 · 18:33h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | As entradas xa adquiridas seguirán sendo válidas.

O partido contra o Barça no Municipal Agustín Mourís, adiado a pasada fin de semana, xa ten novo e definitivo horario. O Xuíz de Competición confirmou esta tarde o martes 22 de decembre ás 20:45h como día e hora para a disputa do encontro, pertencente á xornada 4 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal.


De novo, o Noia Portus Apostoli FS insiste que as entradas xa adquiridas para o partido, nomeado Día do Club, continúan tendo validez nesta nova data. Para resolver calquera duda ou incidencia, mantén habilitado o correo electrónico administracion@noiafutbolsala.com.


Cambio de horario do partido en Pamplona

Ademais, o encontro da xornada 7 do Torneo Apertura na pista do Magna Xota FS tamén sufriu unha alteración no seu horario. Finalmente, o choque en Anaitasuna cámbiase das 13:00h ás 16:30h do domingo 1 de novembro.

Comments


bottom of page