top of page

Schütt, primeiro ocupante da nova portería noiesa


Luns, 01/07/2024 · 19:30h | O gardameta brasileiro de 26 años estrea o apartado de incorporacións para a temporada 2024/2025.


O Noia Portus Apostoli FS xa ten a súa primeira cara nova para a temporada 2024/2025. Trátase de Vinicius Henrique Schütt (Osasco, São Paulo, Brasil, 21/03/1998), porteiro brasileiro procedente do Quinta dos Lombos da Liga Placard (Primeira División portuguesa).


Bo parador e hábil tanto no pase como no golpeo co balón nos pés, Schütt axústase ao perfil de gardameta que buscaba o conxunto noiés para o seu marco, orfo tras as recentes saídas de Henrique e Sarmiento.


O novo porteiro branco comezou a súa traxectoria deportiva no seu Osasco natal. Tras un paso dun curso e medio polo Barueri Futsal tamén paulista, o Corinthians fíxose cos seus servizos, onde a súa carreira continuou progresando a maior grao, conquistando títulos a nivel Sub-20 e absoluto mentres se asentaba no primeiro equipo do Timão. En xaneiro de 2020 reforzou a outro grande de Brasil, o Cascavel Futsal, e, tras un breve paso polo São Paulo, deu o salto a Europa coa chamada do Quinta dos Lombos. Nas últimas tres campañas erixiuse nunha peza clave no equipo do suroeste de Portugal, co que chegou á final da Taça da Liga en 2023 parando o penalti decisivo en semifinais contra Sporting CP a Zicky Té. Esta temporada, na que anotou 3 goles e deu 4 asistencias, quedou a un punto de disputar o PlayOff polo título.


Benvido a Noia, benvido á túa nova casa, Schütt!

コメント


bottom of page