Luns, 08/07/2024 · 12:00h | O á santiagués continuará a súa gran carreira deportiva no Agustín Mourís.
Rubi é noiés. Rubén Lemos Mariño (Santiago de Compostela, 13/11/1987) reforza ao Noia Portus Apostoli FS para a temporada 2024/2025, procedente de Movistar Inter FS. Máis de 15 anos consecutivos na Primeira División FS e o estatus de ser un dos mellores xogadores galegos dos últimos tempos elevan á nova incorporación branca.
Co á santiagués, o plantel noiés consegue engadir unha sempre importante ración de experiencia, unida á calidade que permanentemente demostrou na súa dilatada traxectoria, sen obviar outros aspectos que tamén o definen como a competitividade, intensidade e máxima esixencia.
A súa carreira deportiva comezou no seu Santiago natal, no xuvenil do Autos Lobelle, alá por 2005. Tres anos máis tarde instalouse definitivamente no primeiro equipo, co que conquistou unha Supercopa de España en 2010 e dúas Copa Galicia, en 2009 e 2010. En 2012 puxo rumbo a Tudela, onde seguiu medrando durante 6 temporadas nas que se convertiu en capitán e lenda do Club. Despois dun curso en O Parrulo, no que coincidiu co tamén noiés Attos, reforzou ao Levante UD FS. Como granota quedou a un paso de erguer o título de Liga 20/21 e disputou a UEFA Futsal Champions League. En xaneiro de 2023 uniuse ás filas del Movistar Inter FS, co que finalizou subcampión da Supercopa e a Copa de España ese mesmo ano. Na recentemente terminada campaña anotou 9 goles ligueiros cos interistas.
Benvido a Noia, benvido á túa nova casa, Rubi!
Comments