
Xoves, 18/07/2024 · 19:30h | O xogador brasileiro de 32 anos asina por unha temporada, procedente do Eléctrico FC.
O Portus Apostoli suma unha nova peza para o seu ataque coa incorporación ao seu plantel do pivote Weverton Nascimento Morais, alcumado Garrincha (Guarulhos, São Paulo, Brasil, 09/04/1992), quen estampa a súa sinatura por 1 curso.
Garrincha é un pivote zurdo, que dispón de bo trato de balón e posúe a capacidad de moverse por todas as zonas ofensivas e ofrecer solucións aos seus compañeiros, así como de aguantar o esférico de costas a portería. Con experiencia deportiva en ata tres continentes, o paulista sumou reseñables cifras goleadoras en todos os seus destinos.
A súa carreira sénior comezou no Jacareí Futsal, pasando máis tarde por Atlântico, Corinthians e Blumenau Futsal, tamén da Liga brasileira. En 2018 fixo as maletas rumbo ao Xapón, onde, primeiro nas filas do Fugador Sumida e despois nas do Bardral Urayasu, seguiu aumentando os seus díxitos anotadores ata pechar o seu periplo nipón con 83 goles en 112 partidos e sendo nomeado mellor pivote na campaña 20/21. O seu gran rendemento valeulle para ser convocado pola selección absoluta brasileira nunha xira do combinado polo país asiático, sumando 2 internacionalidades. A pasada temporada Garrincha estrouse en Europa xogando no Eléctrico FC luso, equipo co que marcou 14 goles e repartiu 14 asistencias, ademais de disputar o PlayOff polo título da Liga Placard.
Benvido a Noia, benvido á túa nova casa, Garrincha!
Comentários