Xoves, 11/07/2024 · 16:00h | O á-peche zurdo aportará músculo, equilibrio e veteranía ao bloque noiés.
A quinta incorporación para o Noia Portus Apostoli FS 2024/2025 é Diego Alexandre Fávero (Salto Veloso, Santa Catarina, Brasil, 04/07/1990). Á-peche zurdo, con pasado na Liga española, asina co Club branco para as próximas dúas temporadas, procedente do KPRF ruso.
Entre as aptitudes que demostrou o brasileiro durante a súa traxectoria atópanse o equilibrio defensivo, un destacable poderío físico, un golpeo exterior temible para os porteros rivais e a experiencia ao máis alto nivel continental que lle outorga a amplia carreira deportiva que acumula aos seus recentemente cumpridos 34 anos.
Foi en verán de 2016 cando Fávero aterrou en Europa, máis concretamente en Palma. Fíxoo tras unha progresión á alza no seu país, onde pasou polo AD Hering, o Malwee (actual Jaraguá Futsal, e co que conquistou unha Copa Libertadores en 2009), o Tubarao Futsal, o Pato Futsal e o Guarapuava Futsal. Cos baleares disputou dúas campañas nas que coincidiu con Attos, antes de poñer rumbo ao Kairat Almaty, o xigante casaco co que dominou as competicións locais, gañando 5 Ligas, 5 Copas e 5 Supercopas na súa estadía, ademais de alcanzar dúas Final Four da UEFA Futsal Champions League, claudicando na final en 2019 ante o Sporting CP. Desde o pasado xaneiro e ata xuño, formou parte do KPRF ruso, onde acabou 3º en Liga e 4º en Copa.
Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Diego!
Comments