top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Suma e segue o Xuvenil de Liga Galega!


(foto: Manuel Lorenzo)

Un partido e unha vitoria na reducidísima xornada desta fin de semana das inferiores noiesas, debido á celebración do Entroido.


XUVENIL 7-3 CP Casás
X18 Liga Galega | VEN. 09/02 | 21:00h

Cobrouse o seu desquite ante o CP Casás o Xuvenil de Liga Galega FS, que completa ademais unha volta enteira do campionato coñecendo só a vitoria. Os de Daniel Ventoso deixaron encamiñado o triunfo no primeiro tempo, chegando ao descanso 4-1 arriba. Xa na segunda, dous tantos máis fixeron estéril a reacción visitante, co sétimo e definitivo dos noieses redondeando a noite. As dianas estiveron a cargo de Mateo Vázquez x2, Oliver Chenel x3 e Xavi Souto x2. A vindeira semana, o Xuvenil noiés descansará coa primeira posición e 48 puntos na súa posesión. Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido.




bottom of page