top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Liga Galega regala ao Mourís un último triunfo



A reducida xornada desta pasada fin de semana rematou para a Escola Deportiva noiesa con dous triunfos e dúas derrotas.



XUVENIL 8-3 Grelo Troula Betanzos FS
X29 Liga Galega FS | VIE. 10/05 | 21:45h

O campión de Liga Galega FS puido darlle á súa afección unha última vitoria o venres, ao superar por 8-3 ao Grelo Troula Betanzos. Os de Daniel Ventoso resolveron o seu penúltimo duelo do curso cos tantos de Álvaro Fernández x2, Oliver Chenel x2, Mateo Vázquez x2, César Calatayud e en propia portería. Na última data, visitarán ao Campito Chapela FS esta fin de semana.



La Salle 5-0 CADETE Lluc
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | JUE. 09/05 | 17:00h

O Cadete Lluc non conseguiu sumar en ningún dos seus dous choques desta xornada. No primeiro, disputado o xoves, caeron por 5-0 como visitantes ante o La Salle.



CADETE Lluc 2-10 Oroso FS CD
X7 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 12/05 | 19:00h

O segundo partido, adiantado da xornada 7 que se xogou no Mourís, tampouco sorriu aos noieses. Un desigual 2-10 foi o marcador final, con ambos goles noieses chegando das botas de Adrián Yáñez. Na clasificación sitúanse 8º con 1 punto.



CADETE Henrique e Jabá 5-3 Oroso FS CD "B"
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 11/05 | 12:30h

O Cadete Henrique e Jabá levou os tres puntos na mañá de sábado, ao gañar ante o Oroso FS CD "B" por 5-3, grazas ás dianas de Adrián Yáñez x3, Anxo Mayo e Ismael Martínez. Na táboa colócanse 3º con 6 puntos.


bottom of page