5 vitorias, 2 delas na quenda de penaltis, e 4 derrotas na fin de semana da Escola Deportiva noiesa, co pase de tres equipos ás finais de 1ª Autonómica.
XUVENIL 4-6 Redondela FS Maramar
X22 Liga Galega | SÁB. 09/03 | 19:30h
Tras 18 encontros seguidos gañando, o líder da Liga Galega FS categoría Xuvenil cedeu na súa cancha ante o Redondela FS Maramar por 4-6. Os de Daniel Ventoso lamentaron non sentenzar o partido en numerosas ocasións falladas cando estiveron por diante. O Redondela, 3º na táboa, viu como a súa competitividade tiña recompensa, logrando darlle a volta ao marcador e derrotando aos noieses. Os nosos continúan líderes, agora con 3 puntos de vantaxe sobre o Pescados Rubén Burela FS e 9 sobre os redondelanos, a falta de 8 partidos. Podes ver AQUÍ a GALERÍA do partido.
CADETE Lluc 4-4 (4-3 penaltis) AD Codima
1ª Autonómica Eliminatorias - Semifinal Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 12:00h
O Cadete Lluc logrou o pase á final do grupo 1 de 1ª Autonómica nun vibrante partido que se decidiu a penaltis, tras o 4-4 ao término da prórroga! Jorge Outón, Joel García x2 e Xoel Estalote marcaron os goles noieses no tempo de xogo.
CADETE Henrique e Jabá 3-3 (4-1 penaltis) Club San Francisco Teo
1ª Autonómica Eliminatorias - Semifinal Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 13:00h
E o rival do Cadete Lluc na final será o Cadete Henrique e Jabá! Similar camiño percorreu o outro Cadete noiés para avanzar á última rolda, ao superar na quenda de penaltis ao Club San Francisco Teo tras empatar 3-3. Carlos Suárez, Adrián Yáñez e Anxo Mayo conseguiron os tantos dos brancos no partido.
AD Codima 3-2 ALEVÍN Pirata
1ª Autonómica Eliminatorias - Semifinal Título | DOM. 10/03 | 19:30h
Non puido ser para o Alevín Pirata, que cedeu ante o AD Codima por 3-2 nas semis do grupo polo título de 1ª Autonómica. Ruy Caamaño e Adrián Mayo, os goleadores dos noieses no encontro.
AD Codima "B" 3-6 ALEVÍN Altamirano
1ª Autonómica Eliminatorias - Semifinal Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 18:30h
O terceiro finalista, o Alevín Altamirano! Os nosos superaron ao AD Codima "B" por 3-6 para gañarse un posto na final do grupo 1 de 1ª Autonómica. Tantos de Adrián Vidal x2, Gael González x2, Álex Rosales e Eiden Abrahan.
Alto do Vento FS "B" 10-2 BENXAMÍN Pola
X6 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 19:00h
O Benxamín Pola perdeu por 10-2 na súa visita ao Alto do Vento FS "B" do pasado sábado. Os goles noieses, ambos de Tiago Rodríguez. Na táboa son 4º con 6 puntos tras 6 xornadas.
UD Estrada FS 0-13 BENXAMÍN Sarmiento
X6 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | SÁB. 09/03 | 16:45h
O Benxamín Sarmiento gañou no seu partido en A Estrada frente ao UD Estrada FS. Os goles noieses lográronos Manuel Estaire x2, Manuel Dosil, Álvaro Couto x3, Aleixo Campos x4, Jorge Abeijón, Anxo Priegue e Enrique Estaire. Na clasificación son 3º con 10 puntos.
UD Estrada FS 0-4 PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X6 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 16:00h
O Prebenxamín Matheus e Attos gañou por 0-4 A Estrada contra o UD Estrada FS o pasado sábado 9. Na táboa clasificatoria son 1º con 15 puntos tras 6 xornadas.
Alto do Vento FS 4-0 PREBENXAMÍN Machado e Power X6 1ª Autonómica Liga Regular Título | SÁB. 09/03 | 17:00h
O Prebenxamín Machado e Power perdeu ante o Alto do Vento FS o pasado sábado no duelo da 6ª xornada do grupo polo título.
Comments