RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Cadete Rubi e Douglas fai historia!
- Departamento prensa Noia PA FS
- 19 minutes ago
- 1 min read

Luns, 09/06/2025 · 14:45h · Imaxe: Alejandro Lorenzo
A excepción do Xuvenil DH, a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS baixou a tea á temporada cunha enorme alegría en forma de título!
Oroso FS CD 4-5 CADETE Rubi e Douglas
Final Copa Primeira Futgal FS | DOM. 08/06 | 13:40h
E o Cadete Rubi y Douglas volveuno a facer! Co título de Liga baixo o brazo presentábanse os noieses na final de Copa este pasado domingo ante o Oroso FS CD no Municipal de Restollal e, por tanto, coa opción de conseguir o dobrete. A gran vantaxe colleitada na primeira metade, grazas a dous tantos de Bruno Regos e os de Gabriel Cutrin e Bosco Cameán, facía tocar cos dedos o trofeo aos nosos. O Oroso FS CD logrou reducir diferenzas, pero o quinto gol noiés, transformado por Adrián Yáñez, sería demasiada lousa e o paso definitivo dos brancos para conquistar o título copeiro e finalizar unha temporada para a historia. Sodes enormes, rapaces! Parabéns!

Comments