top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Unha finde moi positiva!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 11
  • 2 min read

ree

Martes, 11/11/2025 · 15:02h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


Os equipos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS resolveron desta maneira os seus compromisos da fin de semana!



AD Codima "B" 2-7 XUVENIL
X3 Primeira Futgal FS - Fase Previa | DOM. 09/11 | 11:00h

O Xuvenil de Julio Moreno venceu por 7-2 ao AD Codima "B" no Municipal Apóstol Santiago. Os goles noieses foron de Carlos Suárez x2, Gabriel Cutrin x2, Samuel Veiga e Ismael Martínez x2. Na táboa, os nosos son 5º con 3 puntos.



5 Coruña FS 4-1 CADETE
X9 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 09/11 | 17:15h

O Cadete de Pablo Cardoso cedeu por 4-1 na súa visita ao 5 Coruña FS pola novena xornada de Preferente Futgal FS. O gol dos brancos, que ocupan a 13ª posición con 3 puntos, foi de Bruno Regos.



5 Coruña FS 7-2 INFANTIL
X9 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 09/11 | 17:45h

O Infantil de Iván Fernández e Iván Insua tampouco puido co 5 Coruña FS, que levou o duelo por 7-2. Os dous tantos noieses pertenceron a Hugo Tuñas e Fabio Mayán. Na clasificación, 13º con 4 puntos.



Alto do Vento FS "B" 7-0 INFANTIL
X2 Primeira Futgal FS | SÁB. 08/11 | 19:00h

O Infantil caeu por 7-0 contra o Alto do Vento FS "B", en partido da segunda xornada ligueira. Os nosos ocupan a 11ª praza clasificatoria.



At. Fátima 3-4 ALEVÍN
X2 Primeira Futgal FS | DOM. 09/11 | 12:00h

O Alevín superou por 3-4 ao Atlético Fátima e suma a súa segunda vitoria en dous partidos. As dianas brancas foron de Luca Santiago x2, Álvaro Couto e Lois Calviño. Na táboa, 4º posto con 6 puntos.



BENX. "A" 4-3 Victoria FC "B"
X2 Primeira Futgal FS | DOM. 09/11 | 18:00h

O Benxamín "A" levou o gato á auga ante o Victoria FC "B" por un marcador de 4-3. Os goles noieses aportáronos Mateo Alcalde, Javier Dosil, Alexander Santos e Óscar Peiteado. Na clasificación ocupan a 8ª praza con 3 puntos.



A Estrada Futsal 1-6 BENX. "B"
X2 Primeira Futgal FS | SÁB. 08/11 | 16:30h

O Benxamín "B" gañou no seu encontro contra A Estrada Futsal por 1-6, grazas aos tantos de Jose Caamaño, Simón Rodríguez x3 e Bruno Veiga x2. Con este, o seu segundo triunfo en dous partidos, os noieses son 2º con 6 unidades.




PREBENX. 2-1 Victoria FC
X2 Primeira Futgal FS | DOM. 09/11 | 17:00h

O Prebenxamín gañou por 2-1 ao Victoria FC no seu segundo partido da temporada. Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido.

Comments


bottom of page