RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Os primeiros do ano!
- Departamento prensa Noia PA FS

- 2 minutes ago
- 2 min read

Luns, 12/01/2026 · 21:26h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS disputou esta pasada fin de semana a súa primeira xornada do 2026!
Jogafan Ordes FS 3-3 XUVENIL
X9 Primeira Futgal FS - Fase Previa | DOM. 11/01 | 11:00h
O Xuvenil de Julio Moreno igualou 3-3 co Jogafan Ordes FS, cos goles noieses chegando por parte de Gabriel Cutrin, Ismael Martínez e Bruno Regos. Na clasificación, os nosos son 5º con 11 puntos.
CADETE 1-6 Alto do Vento FS
X15 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 11/01 | 19:00h
O Cadete de Pablo Cardoso cedeu por 1-6 fronte ao Alto do Vento FS, co único tanto branco obra de Bruno Regos. Na táboa, ocupan a 13ª praza con 6 puntos.
INFANTIL 6-3 Alto do Vento FS
X15 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 10/01 | 19:00h
O Infantil de Iván Fernández logrou contra o Alto do Vento FS o seu segundo triunfo consecutivo, por un marcador de 6-3. Os goles foron de Fabio Mayán x2, Ruy Caamaño x2, Nicolás Barreiro e Manuel Fernández. Na clasificación son 12º con 10 puntos.

AD Codima "B" 5-4 INFANTIL
X7 Primeira Futgal FS - Grupo 1 | JUE. 08/01 | 19:45h
No seu duelo aprazado da xornada 7, o Infantil caeu pola mínima ante o AD Codima "B". Os catro tantos noieses correron a cargo de Adrián León.
INFANTIL 7-6 A Estrada Futsal
X8 Primeira Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 11/01 | 17:00h
O domingo si puido sumar de tres o Infantil, ao superar por 7-6 ao A Estrada Futsal cos goles de Tiago Rodríguez x3, Jorge Abeijón, Rodrigo Lamiño x2 e Adrián León. Na clasificación ocupan o 10º lugar con 3 puntos.
CD CompoSala 1-6 ALEVÍN
X8 Primeira Futgal FS | DOM. 11/01 | 13:00h
O Alevín superou por 1-6 ao CD CompoSala, grazas ás dianas de Luca Santiago x4, Emma Túñez e Lois Calviño. Na táboa teñen a 6ª posición con 15 puntos.

AD Codima "B" 10-0 BENX. "A"
X8 Primeira Futgal FS | DOM. 11/01 | 11:10h
O Benxamín "A" perdeu no seu compromiso fronte ao AD Codima "B". Na clasificación son 11º con 3 puntos.
BENX. "B" 4-2 Victoria FC "B"
X8 Primeira Futgal FS | DOM. 11/01 | 10:00h
O Benxamín "B" gañou por 4-2 no seu choque co Victoria FC "B". Os goles brancos foron de Jose Caamaño, Mateo Fernández, Simón Rodríguez e Bruno Veiga. Tras este resultado establécense 5º con 13 unidades.

PREBENX. 2-0 Alto do Vento FS "B"
X8 Primeira Futgal FS | DOM. 11/01 | 16:00h
O Prebenxamín venceu por 2-0 ao Alto do Vento FS "B" no seu partido da oitava xornada de Primeira Futgal FS. Desta maneira, ocupan a 6ª posición con 10 puntos.












Comments