top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Galega regresa ás vitorias



Pechouse a cuarta semana de competición na Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, novamente só con presenza do Xuvenil de Galega.


XUVENIL 17-1 Concello de Begonte FS | SÁB 07/10 | 12:00h | Municipal Agustín Mourís

De principio a fin dominou o encontro o conxunto de Daniel Ventoso para recuperarse da derrota da semana pasada. Os noieses superaron de maneira contundente ao pechacancelas, cos tantos de Xavi Souto, Fernando García x2, Álvaro Fernández x3, Hugo Romero x3, Miguel Romero x3, Oliver Chenel x2, Mateo Vázquez x3, e suben á 3ª praza da clasificación con 9 puntos de 12 posibles.

bottom of page