top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Marcadores da finde!

  • 3 hours ago
  • 2 min read

Luns, 09/03/2026 · 18:21h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Así foi unha nova xornada de partidos para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, que segue avanzando na súa temporada!



XUVENIL 6-3 CD CompoSala "C"
X7 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 08/03 | 12:00h

O Xuvenil de Julio Moreno conseguiu un importante triunfo por 6-3 fronte ao CD CompoSala "C", grazas aos goles de Bruno Regos, Izan Piñeiro, Mateo Castro x2, Gabriel Cutrin e Adrián Yáñez. Con esta vitoria, os brancos aséntanse no liderado da Liga Regular 1ª División de Primera Futgal FS con 13 puntos e 4 de diferenza.



Lago Sport 4-3 CADETE
X23 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 08/03 | 18:45h

O Cadete de Pablo Cardoso volveu a quedar preto de sumar, ao caer por 4-3 na súa visita ao Lago Sport. Os tantos noieses foron obra de Alejandro Santiago, Bruno Regos e Leonardo Scavio. Na clasificación, os nosos son 13º con 9 puntos.



Victoria FC 7-3 INFANTIL
X15 Primeira Futgal FS | DOM. 08/03 | 10:00h

O Infantil non puido sumar na súa visita ao Victoria FC, que levou o partido por 7-3. Os goles do cadro noiés realizounos Hugo González. Na táboa, 10ª posición con 6 puntos.



Jogafan Ordes FS "B" 4-3 ALEVÍN
X15 Primeira Futgal FS | SÁB. 07/03 | 17:15h

O Alevín caeu pola mínima, 4-3, fronte ao Jogafan Ordes FS "B" no seu partido da xornada 15 de Primeira Futgal FS. Os goles noieses correron a cargo de Luca Santiago x2 e Jorge Abeijón. Na clasificación, os nosos sitúanse 7º con 24 puntos.



BENX. "A" 1-6 AD Codima "B"
X3 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 2ª Div. | DOM. 08/03 | 17:30h

O Benxamín "A" non puido sumar contra o AD Codima "B", no seu partido da xornada 3 da Liga Regular de 2ª División de Primeira Futgal FS. O único gol branco foi de Brais Dosil. Tras esta data, os nosos son 5º sen puntos.



BENX. "B" 0-6 Alto do Vento FS
X3 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 08/03 | 19:00h

O Benxamín "B" non puido fronte ao Alto do Vento FS no duelo da xornada 3 da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS. Así, os noieses son 4º con 3 puntos na táboa.

Comments


bottom of page